PLENARIO

----

Ramón Máiz Suárez

Electivo/a. Consello da Cultura Galega (2006)

Catedrático de Ciencia Política e da Administración na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Equipo de Investigacións Políticas. Os seus campos de investigación son a teoría política contemporánea, a historia do pensamento político así como os nacionalismos e federalismos comparados.

Publicou numerosos ensaios en galego, castelán e inglés, entre os que se atopan Democracy, Nationalism and Multiculturalism; Ethnicisme et Politique; Harmatan, Nación y Revolución: la teoría política de E. Sieyès; Nación y Literatura en América Latina ou Os sentidos das culturas, que compila os relatorios do ciclo homónimo do Consello da Cultura Galega que el coordina.

É membro do consello editorial das revistas Nationalism and Ethnic Studies, Pôle Sud e Configurações e tamén da directiva do Comittee on Ethnicity and Politics da International Political Science Association. Coa obra A arte do imposible gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2010).

É coordinador da Sección de Pensamento e Sociedade.

Ramón Máiz Suáreznas actividades do Consello da Cultura Galega