PLENARIO

----

Carlos García Martínez

Representativo/a. Consello Galego de Museos (2007)

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor de importantes achegas sobre arqueoloxía, prehistoria, folclore e etnografía de Galicia.

Foi patrón mentor e fundador do Museo do Pobo Galego, entidade que dirixiu tras a morte de Antón Fraguas e á que continúa vencellado desde outros postos de responsabilidade. Tamén foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao e da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.

Carlos García Martíneznas actividades do Consello da Cultura Galega