----
( - )

José Antonio García Caridad


Ingresou na carreira xudicial en 1953, onde ocupou diversos destinos ata ser nomeado vogal do Consello Xeral de Poder Xudicial, cargo que desempeñou ata a súa xubilación. É un experto en Dereito Galego e participou activamente na elaboración do Proxecto de lei de montes veciñais en man común, convertido en lei en 1968, polo que se lle concedeu o Título de Comendador da Orde do Mérito Agrícola.

É membro de numerosas entidades como o Instituto Español de Derecho Foral, o Seminario de Estudos Galegos ou diferentes academias de xurisprudencia e lexislación. Formou parte de varias comisións para o estudo do Dereito Galego. Foi presidente da Asociación Galega de Arbitraxe, da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e do Consello Consultivo de Galicia (1996-2008).
Foi recoñecido coa Medalla Castelao da Xunta de Galicia, coa placa da Orde de Alfonso X O Sabio e coa Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato