PLENARIO

----

Concepción Varela Orol

Electivo/a. Consello da Cultura Galega (2010)

É doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora na área de Biblioteconomía e Documentación do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña. É membro do Corpo Facultativo de Arquivos e Bibliotecas.

Foi directora da Biblioteca Universitaria de Santiago, tempo en que participou na formación da rede Rebiun, a rede de bibliotecas universitarias españolas.
As súas liñas de investigación son a historia das bibliotecas e das ciencias documentais, así como a xestión de bibliotecas, sobre as que publicou diversos libros e artigos.

Concepción Varela Orolnas actividades do Consello da Cultura Galega