PLENARIO

----
Electivo/a (2010 - 2018)

Maximino Zumalave Caneda

Consello da Cultura Galega

Nado en Santiago de Compostela en 1956 Director e pianista compostelán formado musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra ou a Sinfónica de Praga. Ademais, participou en xurados de certames e premios internacionais.

É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario desde 2005. En xuño de 2008, o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

É coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato