PLENARIO

----

Xosé Luís Armesto Barbeito

Representativo/a. Universidade da Coruña (2012 - 2015)

Catedrático de Química Física na Facultade de Ciencias e reitor da Universidade da Coruña desde xaneiro de 2012. É doutor en Química e Máster in Environmental Sciences and Engineering. Autor de diversas publicacións sobre a química de N-halo, compostos e procesos de degradación química así como fotoquímica de herbicidas e praguicidas.

Foi director do Colexio Universitario da Coruña e decano da Facultade de Ciencias. Foi vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña desde 2004.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato