Xesús Alonso Montero

. ()

Licenciado en Filosofía e Letras (especialidade de Filoloxía Románica) na Universidad Central de Madrid en 1953. É doutor pola Universidad de Salamanca e Doutor Honoris Causa pola Universidad Nacional de Educación a Distancia.

Catedrático de Lengua y Literatura Españolas nas Escolas de Maxisterio e nos Instituto(s) Naciona(is) de Ensino Medio de Palencia, Lugo e Vigo. En 1989 pasa a ser profesor titular de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

A súa obra abrangue distintas perspectivas da lingua, da historia e da literatura e suma máis de 50 títulos. Entre eles destacan O que cómpre saber da lingua galega (1969), Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973) ou Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (2009). Foi distinguido con galardóns como o Premio Ramón Otero Pedrayo (1988), Pedrón de Oro (1992), Celanova Casa de los Poetas (1993), Xunta de Galicia á Creación Cultural (1994), Hermandad del Libro (1994), Juan Fernández Latorre de Periodismo (1995), I Premio Roberto Blanco Torres de Periodismo de Opinión (1999) e a Antorcha de Oro (A Coruña, 2010).

Foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega en 1983. Electo en 1984 como académico de número da Real Academia Galega, cargo que foi efectivo co discurso "Manifestos" en verso en favor da poesía civil nos primeiros tempos da posguerra na Galicia da terra e na Galicia emigrante (1939-1962). Desde o ano 2013 é presidente da Real Academia Galega.

Xesús Alonso Monteronas actividades do Consello da Cultura Galega