PLENARIO

----

Isidro García Tato

Representativo/a. Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (2014)

Científico titular do CSIC (Instituto de Estudios Gallegos 'Padre Sarmiento').

Estudou Xermanística, Filosofía e Teoloxía nas Universidades de Ratisbona e Múnic. Nesta última universidade doutorouse en Teoloxía (1981). En 1982 incorporouse ao Centro Superior de Investigaciones Científicas. Científico titular do CSIC no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Desenvolve unha liña de investigación centrada na historia do pensamento, no estudo das fontes manuscritas pertencentes ás encomendas galegas sanxoanistas así como aos centros monásticos galegos, cunha produción de arredor 35 libros e 132 artigos.

É axudante (“Wissenschaftlicher Assistent”) do Prof. Leo Scheffczyk (1974-1982) e director das coleccións Anejos e Monografías do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC.

Isidro García Tatonas actividades do Consello da Cultura Galega