----
( - )

Julio E. Abalde Alonso


Catedrático de Microbioloxía. Licenciado en Ciencias Biolóxicas en 1978 e Doutor no ano 1986 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Comeza a súa actividade docente no Colexio Universitario da Coruña en 1985 e tres anos despois obtén a praza de profesor titular de Microbioloxía na USC. Alí imparte docencia nas Facultades de Bioloxía, Veterinaria e Farmacia. No ano 1991 obtén a praza de profesor titular de Microbioloxía na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC).

Xunto coa súa actividade docente, desenvolveu un continuado labor investigador no campo das microalgas: produción masiva e utilización en acuicultura, resposta fisioloxía á presenza de contaminantes, metais pesados e pesticidas, no medio, etc.

No campo da xestión universitaria desempeñou tarefas en postos de distinta responsabilidade así como tamén realizou actividades de avaliación da calidade universitaria.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato