PLENARIO

----

Xulio Ríos

Electivo/a. Consello da Cultura Galega (2016)

É un ensaísta galego especializado en política internacional. Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, e membro correspondente da Real Academia Galega. É, tamén, director do Observatorio de la Política China e promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología. Dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica desde 2007, e desde o 2011, o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.

Xulio Ríosnas actividades do Consello da Cultura Galega