PLENARIO

----
Electivo/a (2016 - )

Rebeca Blanco Rotea

Consello da Cultura Galega

Licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996, e doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco en 2015.

A súa área de traballo esta centrada no estudo das construccións históricas dende unha perspectiva arqueolóxica, aplicando e desenvolvendo metodoloxías de análise propias da arqueología no estudo da arquitectura, tanto fortificada como eclesiástica ou etnográfica.

Nos últimos anos centrou a súa investigación en dúas liñas : dunha banda o estudo da arquitectura eclesíastica altomedieval e, da outra, na arquitectura fortificada transfronteriza de época moderna.
Participou en 43 proxectos arqueolóxicos, conta con 6 libros e monografías nos que participou como autora, coordinadora ou editora, 13 capítulos de libro ou 35 artigos, entre outros. É membro do Consello de Redacción da revista do CSIC Arqueoloxía da Arquitectura e do Consello Asesor da Revista do CSIC Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio (CAPA).

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato