PLENARIO

----

Víctor F. Freixanes

Representativo/a. Real Academia Galega (2017)

É doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Alternou a súa actividade docente (no Instituto de Ciencias da Educación, nun instituto de bacharelato de Vigo e na Facultade de Ciencias da Comunicación) co mundo da edición (Xerais, Alianza Editorial e Galaxia).

Desenvolveu un intenso labor xornalístico en prensa, radio e televisión e tamén como escritor. Co relato A caza das cascudas gañou o Premio Modesto R. Figueiredo de Narración Curta e coa novela O triángulo inscrito na circunferencia (1982), o Premio Blanco-Amor e os da Crítica galega e española, co que se converteu nun referente da narrativa galega. En 1993 acadou o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. En 2010 publicou en Galaxia a novela Cabalo de ouros, coa que obtivo o Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia.

Foi coordinador da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e membro do Plenario en diferentes etapas.

Víctor F. Freixanesnas actividades do Consello da Cultura Galega