----
( - )

Xosé Ramón Pousa


É doutor en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona, cunha tese titulada "El sistema radiofónico en Galicia", e profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela desde 1996. É membro da xunta directiva do Ateneo de Santiago de Compostela.

A súa carreira profesional transcorre entre a universidade, onde ocupou diferentes postos de responsabilidade na Facultade de Ciencias da Información, e distintos medios de comunicación. Foi redactor fundador do semanario A Nosa Terra (1977-1979), redactor de La Voz de Galicia (1979-1993) e director de Antena 3 Radio de Galicia (1990-1993).

O seu ámbito de investigación está no campo radiofónico, onde desenvolveu un intenso labor de recuperación e estudo deste medio en Galicia Ademais, foi un grande investigador arredor do fenómeno do Camiño de Santiago.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato