----
( - )

Antonio López Díaz


Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo a súa licenciatura, con premio extraordinario, en 1986. En 1991 acadou o grao de doutor na USC, da cal é catedrático de Dereito Financeiro e Tributario.

Desde a súa licenciatura ata a actualidade, vén desenvolvendo unha intensa carreira docente e investigadora con numerosas publicacións e estadías docentes e investigadoras nas universidades de São Paulo, Montevideo e Boloña.

É membro de diversas asociacións relacionadas coa súa especialidade, entre as que destacan a Asociación Española de Profesores de Derecho Financiero, a Asociación Española de Asesores Fiscales e a European Association of Tax Law Professors.

Desempeñou os cargos de director do Departamento de Dereito Público Especial, secretario da Comisión de Doutoramento, vicerreitor de Coordinación do Campus de Compostela e vicerreitor de Xestión de Infraestruturas (1998-2002) e de decano da Facultade de Dereito (2005-2007).

En xullo de 2007 o Parlamento de Galicia elixiuno membro do Consello de Contas, cargo que ocupou ata decembro de 2013. Entre 2007 e 2010 foi conselleiro maior deste organismo. É reitor da Universidade de Santiago desde o ano 2018.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato