COMISIóN EXECUTIVA

----

María Xosé Porteiro García

Vogalía. Consello da Cultura Galega (2018)

Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Vigo, Radio Popular, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles.

Como política foi parlamentaria galega, deputada no Congreso dos Deputados, membro das Asambleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil. En agosto de 2019 é designada polo Parlamento Galego como adxunta á Valedora do Pobo.

Como escritora de ficción histórica destaca Sándalo, unha novela onde a autora recolle douscentos anos de percorrido na historia colectiva. Premio Ernestina Otero 2020 concedido na cidade de Vigo pola súa labor e traxectoria

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato