PLENARIO

----

Xosé Luís Regueira

Representativo/a. Instituto da Lingua Galega (2018)

Xosé Luís Regueira Fernández (Vilalba, 1958) é catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela en 1982 e obtivo o título de doutor na mesma universidade en 1989. Forma parte do ILG desde 1981. Foi secretario do Instituto entre 1996 e 2005.

Os seus intereses investigadores céntranse na fonética e na variación da lingua oral. Participou en diferentes proxectos de investigación nestas liñas, e actualmente é IP do proxecto Cambio lingüístico no galego actual.

É coordinador da revista Cadernos de Lingua, editada pola Real Academia galega, desde a súa aparición (1990).

Desde 2012 é membro numerario da Real Academia Galega.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato