----
( - )

Dolores Vilavedra


Profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela; Especialista en narrativa galega contemporánea, exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos.

Membro do consello de redacción da revista Grial e directora do Anuario de Estudos Literarios Galegos entre 2002 e 2007. Coordinou a elaboración do Diccionario da literatura galega, en 4 tomos, e entre as súas publicacións salientan Historia da literatura galega (1999), Sobre narrativa galega contemporánea (2000), A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica (2010) así como a edición de varios epistolarios de escritores e intelectuais galegos, como Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.

Tradutora ocasional, versionou ao castelán obras de Manuel Rivas e António Lobo Antunes, e ao galego Luigi Pirandello, Amélie Nothomb ou Roberto Cossa.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato