PLENARIO

----
Representativo/a (2020 - )

Elisa Fernández Rei

Instituto da Lingua Galega

Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre fonoloxía prosódica do galego.

É profesora no Departamento de Filoloxía Galega desde o ano 1998 e investigadora no Instituto da Lingua Galega desde 2002. Desempeñou os cargos de secretaria da Facultade de Filoloxía (2012-2016) e de vicedecana de asuntos académicos e responsable de calidade (2016-2020) do citado centro.

As súas liñas de investigación son a prosodia, o contacto e o cambio lingüístico, a xeolingüística e a análise do discurso. É a coordinadora do comité para o dominio lingüístico galego do proxecto internacional AMPER, no que realiza unha investigación sobre a xeoprosodia románica. Colabora en proxectos de investigación competitivos dentro do grupo de investigación FILGA e actualmente é a directora dun proxecto financiado sobre cambio lingüístico e ideoloxías lingüísticas (2020-2023).

É autora dunha vintena de artigos científicos, participou noutros tantos capítulos de libros e é coautora de diferentes publicacións. Entre a súa extensa produción científica destaca un artigo sobre aspectos da diacronía de entoación na área galego-portuguesa (Dialectologia et Geolinguistica, 2016) e unha publicación sobre os efectos do contacto lingüístico co español na entoación (2019).

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato