----
( - )

Silvestre Gómez Xurxo


Titulado en Maxisterio e en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e en Psicopedagoxía pola da Coruña.

Estivo sempre dedicado profesionalmente ao ensino, onde foi docente nos ciclos de primaria e secundaria en centros públicos e privados ata a súa xubilación. É autor de numerosos materiais educativos destinados ao ensino da lingua galega, do coñecemento do medio e das matemáticas na educación primaria, entre os que destaca, xunto con Ana María Llanes, o método de aprendizaxe da lectura en lingua galega "De Vagar". Compaxinou a súa faceta de docente coa dirección coa Escola de Formación Social de Vigo, entidade dedicada á animación sociocultural.

Vencellado ao sector do libro como parte da Editorial SEPT dende o ano 1976 e como escritor de diferentes publicacións, que comezaron en 1985 con Conversas do Pai Seixas con Silvestre G. Xurxo. Tamén desenvolveu a súa faceta de escritor de literatura infantil e xuvenil, con títulos como: Déixao medrar, Ith, Ti non xogas! (os tres na colección Merlín de Edicións Xerais) e Todo vai ir ben e De cristal (na colección Fóra de Xogo da mesma editora).

É membro do padroado da Fundación Penzol, onde coordina o boletín de edición dixital “Novas Penzol”.

Histórico no Consello da Cultura Galega
Retrato