
Graduada en Dereito e Doutora pola Universidade da Coruña, onde deu clase de Filosofía do Dereito ata 2005. É avogada e presidenta da Fundación Vicente Risco.
Na súa área de coñecemento ten reflexionado sobre o concepto do corpo para as mulleres, a discriminación de xénero na negociación colectiva e a obra de Concepción Arenal, entre outros.
Participou como relatora nunha vintena de cursos, congresos e seminarios. Autora de diversos libros e artigos sobre a igualdade de xénero desde unha perspectiva iusfilosófica. Editora da primeira tradución ao galego de O meu pecado mortal. Destacan tamén as monografías A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español ou A discriminación de xénero na negociación colectiva. Vellas inercias e novos retos para a igualdade.