Carmela Porteiro Lago

Santiago de Compostela, 1950 -

Cartografía

----

Carmela Porteiro Lago

Santiago de Compostela, 1950 -

DOI: 10.17075/adc.23187
DATA: 14/10/2019

Criada nunha familia na que había un verdadeiro compromiso de as mulleres accederen a estudos superiores e cun vínculo moi estreito na súa infancia e mocidade co importante científico Tomás Batuecas, Carmela Porteiro estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela



Logo de se licenciar, vencellaríase desde os seus inicios ao Instituto Español de Oceanografía (IEO), que se afincaría en Vigo, a súa cidade de acollida desde moi nova. Nesa institución especializouse na avaliación e xestión de recursos mariños vivos, ámbito que a levou a ser a primeira muller en ocupar a vicepresidencia do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).

Como investigadora do IEO dirixiu desde os primeiros momentos equipos de investigación e expedicións a bordo de buques oceanográficos como o Cornide Saavedra ou o Thalassa, ademais de representar a España en numerosos comités de organismos nacionais e internacionais coma a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), STCEF (Comité Científico, Técnico e Económico para a Pesca da Comisión Europea) ou a estadounidense NOAA (Administración Nacional Oceánica e Atmosférica).

A figura de Carmela Porteiro amosa o camiño difícil que, aínda despois da pioneira Ángeles Alvariño, percorreron as mulleres de ciencia en Galicia durante o último terzo do século XX, etapa en que abriron espazos laborais para as investigadoras que habían de acceder a mundos de homes e moi pouco adaptados a elas, como é o caso da Oceanografía e a Bioloxía pesqueira, coas súas longas viaxes e expedicións.

A día de hoxe, tras esa vía aberta por pioneiras coma Porteiro, a investigación sobre os recursos mariños conta xa con numerosas investigadoras que achegan coñecemento e cultura a este ámbito desde unha maior normalidade. Alén diso, Carmela Porteiro desenvolveu un papel esencial no asesoramento internacional para a xestión pública dos recursos mariños e pesqueiros, unha aplicación da ciencia oceanográfica a través da recollida de datos estatísticos a miúdo descoñecida pero imprescindible para que a explotación e consumo dos recursos dos mares se realice dun xeito sustentable.

Como citar: [Carmela Porteiro Lago. Recuperado o 20/04/2024 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=23187 DOI: 10.17075/adc.23187]

Obra de Carmela Porteiro Lago

SANTOS, M. Begoña; GONZÁLEZ-QUIRÓS, Rafael; RIVERO, Isabel, CABANAS, José M.; PORTEIRO, Carmela; PIERCE, Graham J. (2012): «Cycles, Trends, and Residual Variation in the Iberian Sardine (Sardina pilchardus) Recruitment Series and their Relationship with the Environment», ICES Journal of Marine Science, n. 69 (5), p. 739–750.
Fonte: doi:10.1093icesjmsfsr186 [data de descarga: 08/01/2018]
PORTEIRO, Carmela: «A pesca, o ecosistema e a sostibilidade». En GARCÍA NEGRO, María do Carme (coord.): Economía pesqueira. Achegas desde un curso universitario, Sotelo Blanco, 2010, p. 93-106.
Fonte: arquivo de Carmela Porteiro
BODE, Antonio; CABANAS, José Manuel; PORTEIRO, Carmela; SANTOS, M. Begoña (2009): «Variabilidade interanual da sardiña en Galicia e na rexión ibérica». En Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia, Xunta de Galicia, p. 391-401.
Fonte: arquivo de Carmela Porteiro
SILVA, A.; SKAGEN, D.W.; URIARTE, A.; MASSÉ, J.; SANTOS, M. B.; MARQUES, V.; CARRERA, P.; BEILLOIS, P.; PESTANA, G.; PORTEIRO, C.; STRATOUDAKIS, Y. (2009): «Geographic Variability of Sardine Dynamics in the Iberian Biscay region», ICES, Journal of Marine Science Advance published January 19, p. 1-14.
Fonte: arquivo de Carmela Porteiro
«Enfoque ecosistémico y gestión de pesquerías». Intervención de Carmela Porteiro no foro de debate La Pesca y la Acuicultura en la Protección de los Ecosistemas Marinos, publicado en Pesca Internacional, n. 95 (2008), p.16-21.
Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 09/05/2019]
«Es mejor seguir como invitados». Rótulo baixo o que se recollen as palabras da intervención de Carmela Porteiro no foro de debate ¿Funcionan bien los Comités de la UE?, publicado na revista Pesca Internacional, n. 90 (2008), p.15-18.
Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 09/05/2019]
BODE, Antonio; ÁLVAREZ-OSORIO, M. Teresa; CABANAS, J. Manuel; PORTEIRO, Carmela; RUÍZ-VILLARREAL, Manuel; SANTOS, M. Begoña; BERNAL, M.; VALDÉS, Luis; VARELA, Manuel (2006): «Recent Changes in the Pelagic Ecosystem of the Iberian Atlantic in the Context of Multidecadal Variability», ICES CM
Fonte: researchgate.net [data de descarga: 09/05/2019]
SILVA, A.; SANTOS, M. B.; CANECO, B.; PESTANA, G.; PORTEIRO, C.; CARRERA, P.; STRATOUDAKIS, Y. (2006): «Temporal and Geografic Variability of Sardine Maturity at Length in the Northeastern Atlantic and the Western Mediterranean», ICES Journal of Marine Science, n. 63, p. 663-676.
Fonte: arquivo de Carmela Porteiro.
LENS, Santiago; PORTEIRO, Carmela (2005): «La gestión pesquera basada en el ecosistema», Pesca Internacional, n. 52, p. 52.
Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 09/05/2019]
Carmela Porteiro é unha das autoras do «Small Pelagic Fishes and Climate Change Programme. Report of a GLOBEC/SPACC Workshop on Characterizing and Comparing the Spawning Habitats of Small Pelagic Fish», elaborado en xaneiro de 2004 en Concepción, Chile.
Fonte: horizon.documentation.ird.fr/ [data de descarga: 09/05/2019]
BERNAL, Miguel; PORTEIRO, Carmela; CARRERA, Pablo (2004): «Spawning Habitat of Iberian Sardine (Sardina pilchardus, W.) off the North Spanish Coast», GLOBEC Report, n. 22, 12-13 xaneiro 2004, Concepción, Chile.
Fonte: globec.org [data de descarga: 09/05/2019]
PORTEIRO, Carmela (2004): «PELACUS 0404:los recursos pesqueros de la Península Ibérica», Pesca Internacional, n. 44, p. 48-49.
Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 09/05/2019]
CARRERA, Pablo; PORTEIRO, Carmela (2003): «Stock Dynamic of the Iberian Sardine (Sardina pilchardus, W.) and its Implication on the Fishery off Galicia (NW Spain)», Scientia Marina, n. 67, p. 245-258.

Fonte: scimar.icm.csic.es [data de descarga: 09/05/2019]

WYATT, Tim; PORTEIRO, Carmela (2002): «Iberian Sardine Fisheries: Trends and Crises», en SHERMAN, Kenneth.; SKJOLDAL, Hein R. (eds.): Large Marine Ecosystems of the North Atlantic. Changing States and Sustainability, Elsevier Science B.V., p. 321-338.

Fonte: agrifs.ir/ [data de descarga: 09/05/2019]

JACOBSON, Larry D.; OLIVEIRA, Jose A.A. de; BARANGE, Manuel; CISNEROS-MATA, Miguel A.; FÉLIX-URAGA, Roberto; HUNTER, John R.; YEONG KIM, Jin; MATSUURA, Yasunobu; ÑIQUEN Miguel; PORTEIRO, Carmela; ROTHSCHILD, Brian; SÁNCHEZ, Ramiro P.; SERRA, Rodolfo; URIARTE, Andrés; WADA, Tokio (2001): «Surplus Production, Variability and Climate Change in the Great Sardine and Anchovy Fisheries», Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences, n. 58 (abril), p. 1891-1903.

Fonte: researchgate.net/[data de descarga: 09/05/2019]

CARRERA, P.; MEIXIDE, M.; PORTEIRO, C.; MIQUEL, J. (2001): «Study of the Blue Whiting Movements Around the Bay of Biscay Using Acoustic Methods», Ficheries Research, n. 50, p. 151-161.

Fonte: arquivo de Carmela Porteiro

PORTEIRO, Carmela (2001): «Desconfianza de los científicos», Pesca Internacional, n. 9, p. 19.

Fonte: mapama.gob.es[data de descarga: 09/05/2019]

LAVIN, A.; CABANAS, J.M.; MORENO-VENTAS; ORTIZ de ZARATE, V.; PORTEIRO, C.; ABAUNZA, P. (1998?): «Variability of the Environmental Conditions and Fish Communities in the Atlantic Iberian Waters and its Relationship to the NAO». Poster.

[Data de publicación aproximada]
Fonte: xtide.ldeo.columbia.edu [data de descarga: 09/05/2019]

PORTEIRO, Carmela; CABANAS, José Manuel (1998): «Links Between North Atlantic Sardine Recruitment and its Environment», ICES, CM., p. 1-10.

Fonte: ices.dk [data de descarga: 09/05/2019]

Carmela Porteiro é unha das autoras do Report of the Planning Group for Sardine Acoustic Survey in Ices Sub-Areas VIII and IX. Elaborado en Lisboa-Portugal os días 27 e 28 de xaneiro de 1997.

Fonte: ices.dk/ [data de descarga: 09/05/2019]

VILLAMOR, B.; ABAUNZA, P.; LUCIO, P.; PORTEIRO, C. (1997): «Distribution and Age Structure of Mackerel (Scomber scombrus, L.) and Horse Mackerel (Trachurus trachurus, L.) in the Northern Coast of Spain, 1989-1994», Scientia Marina, n. 61, p. 345-366.

Fonte: scimar.icm.csic.es/ [data de descarga: 09/05/2019]

PORTEIRO, C.; CARRERA, P.; MIQUEL, J. (1996): «Analysis of Spanish Acoustic Surveys for Sardine, 1991-1993: Abundance Estimates and Inter-annual Variability», ICES, Journal of Marine Science, n. 53, p. 429-433.

Fonte: arquivo de Carmela Porteiro

PORTEIRO, C.; CABANAS, J.; VALDÉS, L.; CARRERA, P.; FRANCO, C.; LAVIN, A. (1996): «Hydrographic Features and Dinamics of Blue Whiting, Mackerel and Horse Mackerel in the Bay of Biscay, 1994-1996. A Multidisciplinary Study on Sefos», ICES, Journal of Marine Science , n.13.

Fonte: arquivo de Carmela Porteiro

ROY, C.; PORTEIRO, C.; CABANAS, J (1993): «The Optimal Environmental Window Hypothesis in the ICES Area: The Example of the Iberian Sardine», ICES, Cooperative Research Report, n. 206, p. 57-65.

Fonte: arquivo de Carmela Porteiro

ROBLES, R.; PORTEIRO, C.; CABANAS, J. M. (1992): «The Stock of Atlanto-Iberian Sardine: Possible Causes of Variability», ICES, Journal of Marine Science , n.195, p. 418-423.

Fonte: ices.dk [data de descarga: 09/05/2019]

PORTEIRO, Carmela; ÁLVAREZ, Federico; PÉREZ, Nélida (1986): «Variaciones en el stock de sardina (Sardina pilchardus, Walb.) de las costas atlánticas de la Península Ibérica (1976-1985)». En WYATT, T.; LARRAÑETA, M.G. (eds.): Long Term Changes in Marine fish Populations. Cambios de largo término en poblaciones de peces marinos, Actas do simposio realizado en Vigo, 18-21 de novembro, CSIC, p. 529-541.

Fonte: arquivo de Carmela Porteiro

PÉREZ, Nélida; PORTEIRO, Carmela; ÁLVAREZ, Federico (1985): «Contribución al conocimiento de la biología de la sardina en Galicia», Boletín del Instituto Español de Oceanografía, n. 2, p. 27-37.

Fonte: docplayer.es/ [data de descarga: 09/05/2019]

FERNÁNDEZ, A.; PEREIRO, F.X.; IGLESIAS, S.; PORTEIRO, C.; PALLARES, P. (1978): «La pesquería demersal gallega. Estrategias de pesca para su regularización racional en base a la merluza, Boletín del Instituto Español de Oceanografía, n. 249, p. 69-109.
Fonte: arquivo de Carmela Porteiro

Obra sobre Carmela Porteiro Lago

«Comité Asesor Científico y Técnico de ARVI (CACT). Un referente de colaboración ciencia-industria» [do que Carmela Porteiro é membro], Pesca internacional. Revista mensual del sector pesquero, n. 18 (xaneiro-febreiro 2017), p. 30-31.
Fonte: dialnet [data de descarga: 02/04/2019]
AMOEDO, Adrián: «ARVI refuerza con tres miembros su comité asesor científico, formado por 15 personas», Faro de Vigo (17/11/2016).
Fonte: farodevigo.es [data de descarga: 15/04/2019]
AMOEDO, Adrián: «El comité asesor ARVI pide aplicar el criterio de precaución a los fondos marinos», Faro de Vigo (06/08/2016).
Fonte: farodevigo.es [data de descarga: 15/04/2019]
«Carmela Porteiro elegida Vicepresidenta del Consejo Internacional para la Exploración del Mar (ICES)», ieo. Revista del Instituto Español de Oceanografía, n. 18 (marzo 2012), p. 22.
Fonte: studylib.es [data de descarga: 02/04/2019]
BARRAL, Manuel: «Carmela Porteiro: La merluza del norte se encuentra en mejor estado biológico que la del sur», La Opinión (06/11/2011)
Fonte: laopinioncoruna.es [data de descarga: 15/04/2019]
ABUÍN, Espe: «Los descartes son un error: Un error y además, un horror», La Voz de Galicia (06/11/2011).
Fonte: lavozdegalicia.es [data de descarga: 16/04/2019]
OCAMPO, Elena: «El mar de peces muertos sorprende a la ciencia. Expertos gallegos analizan la
Fonte: farodevigo.es [data de descarga: 16/04/2019]
«España: Científicos del IEO-Santander participan en la Conferencia Anual del Consejo Internacional para la Exploración del Mar», aquahoy (2010).

Infórmase de que na citada conferencia Carmela Porteiro participa en calidade de delegada do ICES.

Fonte: aquahoy.com [data de descarga: 02/04/2019]
«Carmela Porteiro elegida nuevo miembro del comité de finanzas del Consejo Internacional para la Exploración del Mar». Nova publicada polo ICES (02/11/2009).
Fonte: ciencias-marinas.uvigo.es [data de descarga: 23/01/2019]
BARRAL, Manuel: «Para recuperar las pesquerías los pescadores deben respetar las leyes», La Opinión (13/05/2007).
Fonte: laopinioncoruna.es [data de descarga: 07/08/2019]
SAAVEDRA, L. C.: «Vigo se sentará en el buró científico marino más prestigioso del mundo», La Voz de Galicia (16/12/2005).
Fonte: arquivo de Carmela Porteiro
«Carmela Porteiro vicepresidenta del Consejo Internacional para la Exploración del Mar», universia.es (26/12/2005)
Fonte: universia.es [data de descarga: 16/04/2019]
«Carmela Porteiro», entrevista publicada en Pesca Internacional. La revista de los armadores (2004).
Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 23/01/2019]
LÁZARO, Clara: «¿Quo Vadis Sardina pilchardus?», Pesca Internacional. La revista de los armadores (2004).

Artigo centrado no proxecto SARDYN (SARdine DYNamics and Stock Structure in North-East Atlantic), no que Carmela Porteiro participa como coordinadora.

Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 23/01/2019]
«Nuevos datos sobre el stock de merluza del norte», publicado en Pesca2 (2003).

Artigo no que se recollen declaracións de Carmela Porteiro sobre a campaña Porcupine 2003. 

Fonte: pesca2.com[data descarga: 12/04/2019]
LAVÍN, Marco: «ICES apuesta por la línea dura», Pesca Internacional. La revista de los armadores (2002), p. 40-42.

Artigo no que se recollen declaracións de Carmela Porteiro como delegada española no Comité Asesor de Xestión de Pesqueiras (ACFM) do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES). 

Fonte: mapa.gob.es [data de descarga: 23/01/2019]
CARBAJO, Primitivo: «Buscando lirios en el desierto atlántico», El País (20/03/1996).

Artigo no que Carmela Porteiro fala como coordinadora dunha campaña enmarcada dentro do proxecto europeo SEFOS.

Fonte: elpais.com [data de descarga: 16/04/2019]

Ligazóns de interese

O fío de Penélope. O novelo de Carmela Porteiro

Iolanda Casal fai unha achega a Carmela Porteiro e os seus vínculos e relacións no portal do CCG

[última consulta: 13/01/2023]
Materiais da xornada Pescar nun Océano Cambiante: Retos de Adaptación.

Xornada organizada pola Universidade de Vigo o 17 de decembro de 2012. Carmela Porteiro foi a encargada de introducir o tema O impacto do cambio climático e a pesca no ecosistema mariño

[última consulta 17/10/2019]
«A investigación sobre pesqueiras en augas atlánticas europeas: o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES)».

Relatorio impartido o 18 de outubro de 2007 por Carmela Porteiro no Ciclo de Conferencias de Ciencias do Mar 2007-2008 da Universidade de Vigo.

Carmela Porteiro en Mulleres en Galicia. Xunta de Galicia

Ligazón de interese

[última consulta: 17/10/2019]
Carmela Porteiro en Dialnet

Ligazón de interese

[última consulta: 17/10/2019]
Carmela Porteiro, referente en Innovatia 8.3. Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade

Ligazón de interese

[última consulta: 17/10/2019]
Carmela Porteiro Lago na wikipedia

Ligazón de interese

[última consulta: 07/12/2023]
Créditos da cartografía de Carmela Porteiro Lago

COORDINACIÓN
Centro de documentación en Igualdade e feminismos (CDIF)

DOCUMENTACIÓN
Carmela Porteiro
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales

TEXTOS
Inma López Silva 
Mariám Mariño Costales
Susana Guitar Novo

REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Paulo Vilar Millán
Begoña Tajes Marcote

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai García
Susana Guitar Novo


TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quintero
Mariám Mariño Costales

Colaboracións e agradecementos

Persoas
Carmela Porteiro
Javier Pereiro Muñoz
Isabel Castro Bermúdez

Institucións
ICES
IEO

Xornais
Faro de Vigo
La Opinión
El País
La Voz de Galicia

Revistas e boletíns
Boletín del Instituto Español de Oceanografía
Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences
Ficheries Research
GLOBEC Report
ICES, Cooperative Research Report
ICES CM
ICES, Journal of Marine Science 
ieo. Revista del Instituto Español de Oceanografía
Scientia Marina
Pesca2
Pesca Internacional. La revista de los armadores
Pesca internacional. Revista mensual del sector pesquero

Repositorios
Dialnet

Videos


Carmela Porteiro Lago
Mares de altura (2021)
[última consulta: 05/01/2024]

En feminino singular: Ángela Ruiz, Marisol Soengas, Carmela Porteiro e Iria Ollero
TVG (2022)
[última consulta: 05/01/2024]