Mabel Rivera

Ferrol, A Coruña, 1952 -

Cartografía

----

Mabel Rivera

Ferrol, A Coruña, 1952 -

DOI: 10.17075/adc.3367
DATA: 12/9/2013

Percorrer o mapa vital de Mabel Rivera é emprender unha viaxe vertixinosa pola historia recente do teatro galego, unha viaxe que arrinca no esforzado mundo amador do Ferrol industrial e insubmiso dos 60 para traernos ata este presente dominado pola incerteza.

Faremos parada nos tempos esperanzados de Abrente e mais na promesa de futuro que foron os 80, cando contra vento e marea unhas e outros erguían a casa común da escena galega, sobre os alicerces dun Centro Dramático Galego polo que semella que aínda imos ter que seguir a loitar.

Despois virían o espellismo da dobraxe e as series da TVG, permitindo que as xentes do noso teatro entrasen nos fogares dunha cidadanía que, en boa medida, as descoñecía, e aínda os vencellos coa industria cinematográfica, que tantas e tan boas e bos profesionais atopou no noso país, e que por algúns intres levounos, da man de Mabel, pola alfombra vermella da fantasía.

No entanto, Mabel Rivera seguiu a medrar, no persoal e no artístico, preocupada sempre por arrequentar unha formación que a súa xeración sabe heterodoxa, e velaí a loita pola ESAD, tanto tempo un soño e hoxe unha realidade firme: o berce da profesión do mañá.

Foi pioneira en moitas aventuras que puñan en diálogo as nosas táboas coas dramaturxias máis vangardistas, cultivou as amizades, creou personaxes xa inesquecibles na memoria de varias xeracións… e pelexou pola dignidade do gremio, asumindo a presidencia da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia. A traxectoria de Mabel Rivera axúdanos tamén a entender o significado da palabra ‘compromiso’ nun país como Galicia, onde os dicionarios sempre semellan estar incompletos.

Como citar: [Mabel Rivera. Recuperado o 20/04/2024 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=3367 DOI: 10.17075/adc.3367]

Obra de Mabel Rivera

RIVERA, Mabel: «Normalizar e(/é) construír», en SANMARTÍN, Goreti (ed.): Lingua e ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos, A Coruña, Universidade, Servizo de Normalización Lingüística, 2012, p. 149-162
Fonte: Exemplar de Manuel Gago Mariño
RIVERA, Mabel: «O mellor é que aínda estamos», Grial. Revista galega de cultura, nº 183 (xullo, agosto, setembro 2009), p. 48-50.
Fonte: Exemplar do CCG
RIVERA, Mabel: «Sobre o cine galego», Revista da Academia Galega do Audiovisual, (marzo, 2004)
Fonte: Arquivo persoal de Mabel Rivera
RIVERA, Mabel: «Manuela. Mabel Rivera», en SOGECINE & HIMENOPTERO (ed.): Mar adentro: una película de Alejandro Amenabar, 2004
Fonte: Exemplar de Mabel Rivera
RIVERA, Mabel & BANET, Enrique: Carta aberta aos responsables da Radio Televisión de Galicia, 2006
Fonte: http://marcus.es/2006/08/incendios/ [data descarga 9-4-2013]
RIVERA, Mabel: Unha pequena reflexión a respecto da formación de actores. Texto da conferencia impartida por Mabel Rivera na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, 19-9-2007 (inédito)
Fonte:Arquivo persoal de Mabel Rivera

Obra sobre Mabel Rivera

Patricia Fraga fala dos Premios Mestre Mateo 2013 nos que tivo presenza Mabel Rivera

FRAGA, Patricia G.: «Os Premios Mestre Mateo destacaron o traballo audiovisual feito en Ferrol», DiariodeFerrol.com, (9-4-2013]

Fonte: diariodeferrol.com/ [data de descarga: 10-10-2013]
Eduardo Vallejo entrevista a Mabel Rivera

VALLEJO, Eduardo: «Mabel Rivera», Actúa. Revista cultural da AISGE, nº 34 (xaneiro-marzo, 2013), p. 46-47.


Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
Sandra Faginas escribe sobre Mabel Rivera

FAGINAS, Sandra: «En primera línea. Mabel Rivera», Extra. La Voz de Galicia, nº 79 (8-7-2012), p. 2-3

Fonte: exemplar do CCG
Isabel Bugallal recolle opinións de Mabel Rivera sobre o premio Goya a Mar adentro

BUGALLAL, Isabel: «Mabel Rivera: ‘El Goya me cogió muy mayor’», La Opinión Coruña.es, (20-4-2012)

Fonte: laopinioncoruna.es. [Data de descarga: 24-1-2013]
Sobre Galicia SL e a súa posta en escena

Sobre Galicia SL. Contén un artigo de Eduardo Alonso e a Ficha técnica da posta en escena da obra (2011)

Fonte: Álbum de mulleres. Monografía Mulleres e teatro en Galicia
Artigo sobre o premio Cineuropa outorgado a Mabel Rivera

«Cineuropa premia a Mabel Rivera por su faceta de actriz y productora», La Voz de Galicia, (17-11-2009)

Fonte: lavozdegalicia.es [Data de descarga: 15-2-2013]
Presenza de Mabel Rivera no ciclo de documentais en Bueu

«A actriz Mabel Rivera abre un ciclo de documentais en Bueu», La Voz de Galicia, (6-11-2009)

Fonte: lavozdegalicia.es/pontevedra [Data de descarga: 15-2-2013]
Artigo no que se destaca o activismo de Mabel Rivera sobre a a soberanía alimentaria

Silvia R.: «Por la dignidad del agro. Mabel Rivera y Enrique Banet inauguran su santuario de la soberanía alimentaria», El País, (9-10-2009)

Fonte: elpais.com [data de descarga: 24-1-2013]
Mabel Rivera no Dicionario do cine en Galicia 1896-2008

CABO VILLAVERDE, José Luís; FERNÁNDEZ, Miguel Anxo (Coord.): «Rivera, Mabel», en Dicionario do cine en Galicia 1896-2008, Santiago de Compostela, Foro Galego do Audiovisual, 2008, p. 550-552

Fonte: exemplar de Susana Guitar Novo
Mabel Rivera productora de El salario del silencio

PATO, Alfonso: «Mabel Rivera contra el silencio», El País, (7-6-2007)

Fonte: elpais.com [data descarga 24-3-2012]
Entrevista a Mabel Rivera no X Festival de Cine de Málaga

PÉREZ, C.: «X Festival de Cine de Málaga. Mabel Rivera: ‘Por Mar Adentro sigo en esta profesión’», Sur , (15-3-2007)

Fonte: DIARIOSUR.ES/ [Data de descarga: 24-1-2013]
Carmen Avendaño, Luísa Castro e Mabel Rivera son as protagonistas deste artigo de Xosé Manuel Pereiro

PEREIRO, Xosé Manuel: «Las mujeres ante el otoño del patriarca. Una actriz, una madre contra la droga y una escritora debaten sobre el cambio en Galicia», El País (15-6-2005).

Fonte: elpais [data descarga: 15-2-2013]
Unha conversa con Mabel Rivera

CHAT –Vieiros: «Conversa con Mabel Rivera», (23-3-2005)


Fonte: vello.vieiros.com/ [data descarga: 15-2-2013]
Artigo de Rubén Ventureira sobre o teatro en Galicia e no que se fala do lugar ocupado por figuras como Mabel Rivera

VENTUREIRA, Rubén: «El teatro gallego denuncia la falta de una programación estable», La Voz de Galicia, (21-3-2005)

Fonte: Lavozdegalicia.es/hemeroteca [data de descarga: 9-4-2013]
Rocío García entrevista a Lola Dueñas, Mabel Rivera e Belén Rueda
Fonte: arquivo de Mabel Rivera
Mabel Rivera dramaturga

NOGUEIRA, Mar (Dir.): «Rivera Torres, Mª Isabel», en Catálogo de dramaturgos galegos 1973-2004: de abrente ata hoxe, Santiago de Compostela, IGAEM & Xunta de Galicia, 2005, p. 469-470

Fonte: exemplar do CCG
Nova na que se destaca a interpretación de Mabel Rivera en Mar Adentro

DURVIN, Karen: «A Nurse as Silent as She Is Graceful», The New York Times (7-11-2004)

Fonte: query.nytimes.com [data de descarga: 23-5-2013]
Camilo Franco entrevista a Mabel Rivera

FRANCO, Camilo: «Mabel Rivera actriz», Suplemento de ocio de La Voz de Galicia (1-10-2004). Entrevista a Mabel Rivera. Aborda o seu traballo como actriz e a situación da produción audiovisual en Galicia

Fonte: arquivo de Mabel Rivera
Pilar Comesaña entrevista a Mabel Rivera

COMESAÑA, Pilar: «Divino diván/Mabel», Compostelán, nº 141 (outubro 2004), p. 6-12

Fonte: exemplar de Mabel Rivera
Nova sobre a posta en escena da obra Compañía de Eduardo Rover por Manivela & Galería

BECEIRO, M.: «Los actores de Pratos combinados llenan las salas», La Voz de Galicia (15-01-2001).

Fonte: lavozdegalicia.es/hemeroteca [data de descarga: 5-4-2013]
Mabel Rivera fai parte do elenco da posta en escena de Compañía

Programa de man da posta en escena da obra Compañía, de Eduardo Rovner, realizada por Manivela & Galería (2000)

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Programa de Xogos a hora da siesta, onde actúa Mabel Rivera

Tríptico do programa da posta en escena de Xogos a hora da siesta do Teatro do Malbarate. Obra de Roma Mahieu adaptada e dirixida por Cándido Pazó (1991)

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Programa de Xogos a hora da siesta, onde actúa Mabel Rivera

Tarxeta do programa da posta en escena de Xogos a hora da siesta do Teatro do Malbarate. Obra de Roma Mahieu adaptada e dirixida por Cándido Pazó (1991)

Fonte: arquivo de Mabel Rivera
Programa da posta en escena de Inventarios na que participa Mabel Rivera

Programa de man da posta en escena de Inventarios. Obra de Philippe Minyana dirixida por Fernanda Lapa (1990)

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Carme Rábade conversa con Malbarate, grupo do que fai parte Mabel Rivera

RÁBADE, Carmen: «Conversando con Malbarate», Festa da Palabra Silenciada, nº 7 (outono 1990), p. 151-153

Fonte: A Saia. Hemeroteca feminista e LGTBIQ+
O programa de Xogos de Damas inclúe información sobre a formación teatral e das actrices Rosa Álvarez, Mabel Rivera e Marisa Soto

Programa de man Xogos de Damas do Teatro do Malbarate. Obra de Anxel R. Ballesteros dirixida por Eduardo Alonso. O programa inclúe información da formación teatral e das actrices Rosa Álvarez, Mabel Rivera e Marisa Soto (1987)

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Artigo sobre a posta en escena de Agasallo de sombras

«Estreno de Agasallo de sombras», Faro de Vigo. Semanario cultural Artes e Letras, nº 87 (7-10-1984). Con texto de Vidal Bolaño e entrevista de Xulio Gálvez

Fonte: arquivo de Francisco Oti
Programa da posta en escena de Memoria de Mortos e Ausentes na que participa Mabel Rivera

Programa de man de Memoria de Mortos e Ausentes escrita por Roberto Vidal Bolaño e posta en escena pola Asociación Teatral Tagallo. Inclúe fotos e críticas (1980)

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
A farsa de Bululú, programa do teatro Tagallo do que fai parte Mabel Rivera

Programa de man da posta en escena da obra de Manuel María A farsa de Bululú realizada polo grupo de teatro Tagallo no Kiosco Alfonso os días 19 a 30 de Nadal de 1979

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Nova sobre as orixes do grupo de teatro Tagallo, proceso no que participa Mabel Rivera

«Teatro no Círculo de Perlío», El Ideal Gallego (26-4-1979).

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Programa da representación A farsa de Bululú na que participa Mabel Rivera

Programa de man da representación A farsa de Bululú de Manuel María posta en escena polo grupo de teatro Tagallo no Casino de Redes en novembro de 1979. Inclúe información do percorrido da citada formación teatral

Fonte: arquivo de Gonzalo Rodríguez
Programas da posta en escena de Un lóstrego na noite e de Romería ás covas do demo nas que participa Mabel Rivera

Fragmento do programa de man da posta en escena de Un lóstrego na noite, de Ramón González Alegre, e de Romería ás covas do demo, de Manuel Lourenzo. As dúas a cargo do grupo de teatro Círculo de Perlío (1976).

Fonte: arquivo de Francisco Oti

Ligazóns de interese

Web oficial de Mabel Rivera
[última consulta 20-02-2023]
O fío de Penélope. O novelo de Mabel Rivera

Dolores Vilavedra fai unha achega a Mabel Rivera e os seus vínculos e relacións no portal do CCG

[última consulta: 13/01/2023]
Capítulos da serie Libro de familia (2010)

[última consulta: 26-6-2013]

[última consulta: 21/02/2023]
Capítulos de Pratos combinados (1995-2004)

[última consulta: 21-2-2013]

[última consulta: 21/02/2023]
Episodios da serie da TVG Pratos combinados. 1995-2006
Fonte: Agalega.gal
Vídeos da comedia Lobos de Arga (2011)

[última consulta: 19-2-2013]

Vínculo comprobado y activo. 08/11/2019
Mabel Rivera no soportal audiovisual galego (AVG)
[ultima consulta: 20-02-2023]
Mabel Rivera no portal da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
[última consulta: 20/02/2023]
Mabel Rivera na wikipedia
[última consulta: 20/02/2023]
Filmografía de Mabel Rivera na Movie Database (IMDB)
[última consulta: 20/02/2023]
Film Affinity achega estas referencias de películas e series de televisión nas que traballou Mabel Rivera
[última consulta: 20-02-2023]
Mabel Rivera en SensaCine
[última consulta: 20-02-2023]
Mabel Rivera en Fórmula TV
[última consulta: 20-02-2023]
Mabel Rivera en galeg@s
[última consulta: 20/02/2023]
Mabel Rivera en Alter Ego Talent House
[última consulta: 20-02-2023]
Entrevista a Mabel Rivera no web da Academia Galega do Audiovisual
[última consulta: 20-02-2023]
Créditos da cartografía de Mabel Rivera
COORDINACIÓN
Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega

DOCUMENTACIÓN
Mabel Rivera Torres
Inma López Silva
Mariam Mariño Costales
Francisco Oti
Gonzalo Rodríguez
Dolores Vilavedra Fernández

TEXTOS
Inma López Silva
Mariam Mariño Costales
Dolores Vilavedra Fernández

DESEÑO
Miguel Alonso Fachado

REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote


REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai

TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
Beatriz Pérez Mosquera
Colaboracións e agradecementos
A elaboración da Cartografía Mabel Rivera Torres contou coa colaboración das seguintes persoas e entidades:

PERSOAS
Manuel Gago Mariño
Susana Guitar Novo

INSTITUCIÓNS
Compañía de Radio Televisión de Galicia
Centro Dramático Galego

EMPRESAS
Mediaset

REVISTAS
Actúa. Revista cultural da AISGE
Compostelán
Festa da Palabra Silenciada
Grial. Revista galega de cultura
Revista da Academia Galega do Audiovisual

XORNAIS
diariodeferrol.com
Faro de Vigo
El Ideal Gallego
La Opinión
El País
Sur
Vieiros

RADIOS
Radio Voz

Videos


Mar Adentro (2004)
[última consulta: 21/02/2023]

Curtametraxe Incendios (2005)
[última consulta: 26-6-2013]

Mensaxe de apoio de Mabel Rivera ao proxecto San Lázaro Axuda (20-12-2006)

Presentación do documental O Salario do Silencio (2007)

Tráiler da película Hotel Tívoli (2007)

Curtametraxe Galiza non se vende (2008)

Tráiler de La condición (2008)

Muriel Sánchez e Mabel Rivera en Conexão (2009)

Muriel Sánchez, Mabel Rivera e Ivo Canelas en Conexão (2009)

Muriel Sánchez, Mabel Rivera e Ernesto Chao en Conexão (2009)

Tráiler de Me llamo Rama (2009)

Tráiler de Esperpentos (2009)

Vídeo promocional de O Nordés (2009)

Fragmento de Arrugas (2011)

Tráiler de A condesa rebelde en youtube

Conversa con Mabel Rivera - FICBUEU 2019
[última consulta: 21-02-2023]

Mabel Rivera fala da súa participación en Goya's Ghosts, Mar Adentro e Rumbo ao Kalapattar na entrevista do programa Miraxes da Televisión de Galicia
[última consulta: 21/02/2023]

Mabel Rivera fala da realidade das actrices maiores
[última consulta: 21/02/2023]