Mary Quintero

Melide, 1931 -

Cartografía

----

Mary Quintero

Melide, 1931 -

DOI: 10.17075/adc.5219
DATA: 1/10/2015

María del Carmen Quintero Corredoira (Melide, 9 de novembro de 1931) foi a maior de catro irmáns nunha familia dedicada á fotografía.

O seu pai, Aurelio, e a súa nai, Amadora, posuían un estudo onde a precoz fotógrafa medrou aprendendo técnica e arte a un tempo. A súa nai destacara na técnica de dar cor a fotografías en branco e negro, técnica artística moi en boga antes da Primeira Guerra Mundial e da que en Galicia non se coñecen outros precedentes de mulleres que a practicasen.

Sendo aínda adolescente, estudou en Madrid retoque fotográfico con Pedro Jaraba e pintura con Carlos Pascual de Lara. Nesa etapa coñeceu o fotógrafo húngaro Juan Gyenes.

Mary Quintero foi o seu nome profesional desde a súa primeira exposición, cando tiña 16 anos, no Círculo das Artes de Lugo, a onde se trasladara o estudo familiar.

Casada co empresario José Manuel Álvarez Varela -que sempre apoiou a súa vocación e co que tivo dous fillos e dúas fillas-, trasladouse a Vigo logo de facer varias exposicións de moito éxito.

O seu estudo, de gran sona na época, estivo no centro da cidade durante décadas e chegou a contar cun equipo de ata once persoas.

Interesada polos grandes avances técnicos que experimenta a fotografía na segunda metade do s. XX, foi incorporando novidades ao seu traballo, entre elas salienta un proxector de fondos que chamou moito atención pola importancia para ambientar as súas composicións fotográficas.

Desde os anos 70, foi frecuente a súa presenza en encontros profesionais en España e no exterior.

Alén de ser considerada unha notable cronista da sociedade do seu tempo, fixo incursións no cartelismo ao recibir o encargo de facer as fotografías de candidatos a diferentes convocatorias electorais.

Colegas seus coma Schommer, Maspons, Lucas ou Vargas tiveron en alta consideración a súa figura, que tamén acadou o recoñecemento institucional co nomeamento como Viguesa Distinguida e coa Medalla de Bronce da Xunta de Galicia.

Como citar: [Mary Quintero. Recuperado o 29/03/2024 das Cartografías (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/cartografias/detalle.php?persoa=5219 DOI: 10.17075/adc.5219]

Obra de Mary Quintero

QUINTERO, Mary: «Diversas alternativas fotográficas», Nuestra Imagen. Órgano de Comunicación de la Sociedad Mexicana de Fotógrafos Profesionales A.C., nº 28 (outubro 1994)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
QUINTERO, Mary: «Los dioses blancos bajan de los cielos». Reportaxe fotográfica formada por retratos de crianzas realizada para a revista Galicia Moda (verán 1991).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
QUINTERO, Mary: «La fotografía juvenil y su futuro», Boletín Informativo de la Asociación de Fotógrafos Profesionales de Asturias, nº 0 (1986), p. 4-5.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Convite para inaugurar a exposición fotográfica que Mary Quintero realiza no Centro de Iniciativas y Turismo de Lugo entre os días 4 e 12 de outubro de 1950
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Convite do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra para a exposición Los jóvenes a través de la cámara de Mary Quintero, realizada entre o 18 de xaneiro e o 2 de febreiro de 1986.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Publicidade de man da exposición fotográfica que Mary Quintero realiza na sala de exposicións da Deputación de Lugo entre os días 26 de xaneiro e 7 de febreiro de 1987.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Publicidade de man da exposición fotográfica que Mary Quintero realiza na sala de exposicións do Concello de Monterroso entre os días 26 de setembro e 1 de outubro de 1987.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
QUINTERO, Mary: Álbum de carnaval, Grupo Foto, 1987
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Publicidade de man da exposición fotográfica que Mary Quintero realiza na sala de exposicións do Concello da Coruña en setembro de 1990
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa da obra teatral Olhares de perfil. O mito de Greta Garbo, dirixida por Alejandra Guibert e Roberto Cordovani. A fotografía é de Mary Quintero (A Coruña 1992)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa da obra teatral Todos os homens da Compañía Arte Livre do Brasil. A fotografía é de Mary Quintero (1994)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Realiza fotografías para a cuberta e algunhas páxinas interiores do libro de Miguel Cobaleda La puerta del paraíso, Publicaciones Teatro Keizán, 1994.
Publicidade de man da exposición fotográfica Así os viu a súa cámara, realizada por Mary Quintero na Casa das Artes do Concello de Vigo entre o 18 de decembro de 1995 e o 28 de xaneiro de 1996.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
QUINTERO, Mary: [Querido Jorge]. En SANTOS, Jorge: Personagens, Multitema, 2001, p. 5.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Carta informativa do Encontro Nacional de Fotógrafos, organizado por o Clube de Fotógrafos Profissionais de Portugal, no que Mary Quintero participa como relatora (Troia, 5 e 6 de maio de 1990)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Convite das VI Xornadas Galegas de Fotografía Profesional e Afeccionada, organizadas pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de Lugo (Lugo 27 a 30 de outubro de 1991)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero

Obra sobre Mary Quintero

«Mary Quintero. Fotógrafa histórica de Vigo y artista». Atlántico (17/06/2023)
Fonte: Atlántico (17/06/2023)
OCAMPO, Elena: «Un flash de Vigo se apaga». Entrevista a Mary Quintero, Faro de Vigo (24/09/2014).
Fonte: farodevigo.es
RIVERA, Paco: «Cena y copa con Mary Quintero», El Progreso (09/11/2013).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
FRANCO, Fernando: «Mary Quintero, pionera de la visibilización de la mujer en la España posbélica, fue la primera que expuso fotografías, que abrió estudio propio y que dio color al blanco y negro», Faro de Vigo (21/07/2013).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
MÍGUEZ, L.: «Mujeres con poder. Mary Quintero fotógrafa y empresaria», La Voz de Galicia (02/06/2013).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
BAENA; Ana: «La mujer detrás del objetivo, hoy habla de su trabajo», Atlántico Diario (16/04/2013).
atlantico.net
«Mary Quintero pintando fotografías», Faro de Vigo (22/03/2013).
Fonte: farodevigo.es
«María del Carmen Quintero Corredoira (Mary Quintero). Viguesa distinguida en 1994», Vigueses distinguidos 1985-2011, Fundación Vigueses Distinguidos / Concello de Vigo, 2012, p. 172
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
FRANCO, Fernando: «Carta a Mary Quintero», Faro de Vigo (22/11/2011).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
SOTELINO, Begoña R.: «Pares singulares. Mary Quintero e María Álvarez Quintero», La Voz de Vigo (03/04/2011).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Fotógrafas viguesas: Mary Quintero e Mary Carmen Romero», Atlántico Diario (21/02/2010).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
FRANCO, Fernando.: «Mary Quintero – Fotógrafa», Faro de Vigo (24/07/2009).
Fonte: farodevigo.es
« Mary Quintero», Foeminas (marzo de 2009).
Fonte: Casa da Muller do Concello de Lugo
SOTELINO, Begoña, R.: «Cuando la mujer no pintaba nada, yo ya pintaba», La Voz de Galicia (29/06/2008).
Fonte: lavozdegalicia.es
Fragmento dedicado a Mary Quintero do artigo «Apellidos con profesión», La Voz de Galicia (02/08/2007).
Fonte: lavozdegalicia.es
QUINTERO, Mary: «Exposición Mary Quintero. A maxia da luz», Revistum. A revista do Verbum de Vigo, p. 16-17 (outono, 2007).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
ÁLVAREZ, Natalia: «Los fotógrafos valencianos premian a Mary Quintero», Faro de Vigo (28/02/2006).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero», La Fotografía Social, nº 33 (2006), p. 3-7.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
SOTELINO, Begoña R.: «A veterana profesional da imaxe cumpriu xa 50 anos á fronte do seu estudo en Vigo», La Voz de Galicia (09-04-2005).
Fonte: lavozdegalicia.es
«Mary Quintero. La fotografía en su máxima expresión», foto/VENTAS, nº 447 (2005).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
GONZÁLEZ, Mónica: «Retratos de una profesión», El Correo Gallego (30/10/2004).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Novas sobre o I Salón Internacional Galaico-Portugués de Fotografía e Vídeo, Faro de Vigo - Deza (29 e 30 de outubro de 2004).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
PÉREZ SANTORO, José María: [«¿Qué podría decir yo de Mary Quintero»]. Discurso pronunciado no marco do I Salón Internacional Galaico-Portugués de Fotografía e Vídeo: Atlantimag (Silleda, 28 a 31 de outubro de 2004)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Reunión anual de fotógrafos», Atlántico Diario (26/01/2003).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Listaxes do ano 2003 encabezadas por Mary Quintero como fotógrafa do mes na revista foto/VENTAS.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero. Medalla de Bronce de Galicia», revista Foto, nº 239 (novembro 2002).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero. Medalla de Bronce de Galicia», foto/VENTAS (decembro 2002).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Listas do ano 2002 encabezadas por Mary Quintero como fotógrafa do mes na revista foto/VENTAS.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
LIMERES, Olalla: «Mary Quintero fotógrafa», Atlántico Diario (08/12/2001).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
PABLOS: «Mary Quintero», Faro de Vigo (05/12/2001).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Listas do ano 2000-2001 encabezadas por Mary Quintero como fotógrafa do mes na revista foto/VENDAS.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Listaxes do ano 2001 da revista foto/VENTAS encabezadas por Mary Quintero como fotógrafa do mes.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Listaxes do ano 2000 encabezadas por Mary Quintero como fotógrafa do mes na revista foto/VENTAS.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Fotógrafo del mes. Mari Quintero», foto/VENTAS, nº 343 (xullo 1999).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Galería fotográfica do día da inauguración da exposición Viguíssimos, La Voz de Galicia (09/01/1999).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
TORRES DÍAZ, Francisco: «La década de los años 70», e fragmento de «La década de los años 80». En Crónica de un siglo de fotografía en España, Fropen SL., 1999. Ambas as partes recollen referencias de Mary Quintero. Nos setenta, ademais, colabora como biógrafa.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Primeros Títulos de la FEPFI», Hiposulfito. Revista de la Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen, nº 2 (1999).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero: el arte del retrato», Pontevedra Empresa, nº 179 (decembro 1998).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa sobre a homenaxe realizada a Mary e Roberto Quintero (1998).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
PARADA, Carmen: «Mari Quintero retrató a lo largo de las distintas convocatorias electorales a la mayoría de los candidatos», La Voz de Galicia (16/10/1997).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
BRUZÓN, María José: «Mary Quintero», Atlántico Diario (26/07/1997).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
GAMBOA, Raimundo: «Mary Quintero», Faro de Vigo (06/05/1997).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa da exposición de Mary Quintero Así os viu a súa cámara (decembro 1995-febreiro 1996).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero. De tal palo…», foto/VENTAS, nº 277 (maio 1995).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero. Retrato», Nuestra Imagen. Órgano de la Sociedad Mexicana de Fotógrafos Profesionales A.C., nº 25 (xullo 1994).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa sobre as Viguesas e Vigueses Distinguidos, entre elas Mary Quintero (marzo-abril 1994).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
BRUZON, María José: «Mary Quintero, una artista de la imagen con tradición familiar», Atlántico Diario (31/10/1993).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Mary Quintero na reportaxe «El San Froilán fotográfico», El Progreso (05/10/1993).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa da IV Convención Nacional de Fotografía EXPOFOT ’93. Mary Quintero é unha das «convidadas especiais» (Caracas, 1 a 5 de outubro de 1993)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
MARTÍNEZ, Patricia: «Mirar al pajarito», Atlántico Diario (22/08/1993). Reportaxe sobre Mary Quintero e Amparo de Pim Pom.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Novas das VI Xornadas Galegas de Fotografía, El Progreso (Lugo, 29 e 30 de outubro 1991).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero representó a España en una conferencia solicitada por la Oficina Cultural Soviética», Revelador. Boletín Informativo Profesional, nº 2 (setembro 1991).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa sobre a exposición de Mary Quintero no Palacio Municipal da Coruña (setembro 1990).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
PABLOS: «Mary Quintero, fotógrafa», Faro de Vigo (13/12/1990).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero, elegida como la mejor fotógrafa en una encuesta nacional», La Voz de Galicia (12/06/1990).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
GIMENO, Maite: «Mary Quintero, artista de la luz en fotografía», Atlántico Diario (10/06/1990).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
ALONSO DE LA TORRE, José: «Detrás de los carteles, eslóganes y actos públicos de cada partido late una estrategia para convencer al electorado», La Voz de Galicia (05/12/1989).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
BAINES, Edurne: «Mary Quintero: El mayor avance de la fotografía ha sido en el ámbito de la moda y de la publicidad», Diario 16 de Galicia (24/10/1989).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
LLANO, Carmen: «Mary Quintero: una imagen para recordar», Atlántico Diario (06/07/1989).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
REAL, Marisa: «Mary Quintero fotógrafa de las mujeres importantes en la sociedad viguesa de hace más de treinta años», Faro de Vigo (04/12/1988).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Páxina dedicada ao libro de carnaval e ás clases de retoque de Mary Quintero, Boletín da Asociación de Fotógrafos Profesionales de Asturias, nº 2 (xuño 1988).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero, autora del primer libro de fotografías en torno al carnaval», La Voz de Galicia (13/02/1988).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero», Foto Profesional, nº 54 (xuño 1987).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa sobre a exposición de fotografía profesional realizada por Mary Quintero en Lugo (Lugo, xaneiro e febreiro 1987).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero reconocida como maestra en la fotografía de estudio», La Voz de Galicia (06/11/1986).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
DÍAZ DE ARGANDOÑA: «Mary Quintero, toda una vida detrás de la cámara», Expo Consumo ’86 (1/06/1986).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de medios sobre o paso de Mary Quintero polo IV Congreso Nacional de Fotografía Profesional que tivo lugar en Chalon Sur Saône en Francia (1986).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Fallado el concurso La novia del año Kodak 1986», Información Profesional Kodak (1986).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Faro de Vigo e La Voz de Galicia recollen datos da exposición «Los jóvenes a través da cámara de Mary Quintero», efectuada no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra (decembro 1985).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
TRILLO, Lucía: «Mary Quintero: una vida entre retratos», Atlántico Diario (08/05/1988).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
FUENTE, Manuel de la: «Una notable artista de la ciudad», Faro de Vigo (7/10/1984).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero, Foto Profesional, nº 12 (1984). Páxina en que se recolle información relativa á actividade da fotógrafa nas Jornadas de Fotógrafos Profesionales de Andorra.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Faro de Vigo e El Progreso de Lugo dan conta da participación de Mary Quintero nas Primeiras Xornadas de Traballo dos Fotógrafos Profesionais da provincia de Lugo en outubro de 1983.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«El retoque fotográfico visto por una profesional», Información Profesional Kodak (1983), p. 16-18.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero: La fotografía antigua está de moda». Entrevista efectuada por C.P. á fotógrafa con motivo do seu galardón Granada de Oro, La Voz de Galicia (3/12/1982).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
“Mary Quintero”. Reportaxe publicada en Foto Profesional, nº 0 (marzo 1982).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero». Entrevista publicada en Electro Imagen (1982), p. 20.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa do V Seminario de Fotografía Profesional que tivo lugar en Granada os días 2 e 3 de decembro de 1981.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
PORTELA, Tucho: «Cálido homenaje a Mary Quintero de los fotógrafos coruñeses», Faro de Vigo (5/11/1981).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mañana, en la Coruña será homenajeada Mary Quintero», Faro de Vigo (11/10/1981).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa do II Congreso Nacional de Fotografía desenvolvido os días 9, 10 e 11 de febreiro en Oviedo en 1981. Contén novas de La Nueva España, La Región, El Progreso e El Diario de Asturias.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
O nº 4 do Boletín Informativo de la Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionales de La Coruña contén a entrevista «Mari Quintero y Manel» realizada por Manuel González García (1981).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«II Seminario ROS de Fotografía Profesional», Sol de España (27/05/1979).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Ayer en el Berrón comenzó el Primer Seminario Regional de Fotografía», La Voz de Asturias (22/03/1979).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
CRESPÁN, Javier; SOBRINO, Antonio: «Nuevo y rotundo éxito de Mary Quintero en su exposición Bellos rostros con arte indiscutible», Faro de Vigo (26/04/1963).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
CERECEDO, Cuco: «Muchachas de Vigo: noticia nacional», El Pueblo Gallego (24/02/1963).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
VEGA, Ángel de la: «Ayer con… Mary Quintero», El Progreso (17/01/1959).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Mary Quintero, en Vigo», ‘Ecos de sociedad’, Faro de Vigo (1952).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Una exposición y un nombre: Mary Quintero», «Notas de arte», Faro de Vigo (1952).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de prensa da exposición fotográfica que Mary Quintero efectúa no Centro de Iniciativas y Turismo de Lugo en 1950. Contén novas de El Pueblo Gallego, El Progreso, La Noche, etc.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
«Vida artística. La exposición nuevos horizontes de la fotografía en el Círculo de las Artes», texto co que Radio Lugo informa da primeira exposición realizada por Mary Quintero (1947).
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Dosier de comunicación da exposición fotográfica que, baixo o título Novos horizontes da fotografía, Mary Quintero leva a cabo no Círculo das Artes de Lugo en marzo de 1947. Inclúe o texto co que Radio Lugo informa do evento.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Catálogo da exposición Así os viu a súa cámara de Mary Quintero. Con textos de Xosé Carlos Álvarez Quintero e fotografías de Roberto Quintero. Editado pola Concellería de Cultura, Educación e Muller do Concello de Vigo.
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do I Seminario de Fotografía, organizado pola Asociación Provincial de Fotógrafos de Asturias (El Berrón, 21 a 23 de marzo de 1979)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do II Seminario Foto Profesional, organizado pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Málaga (Torremolinos, 26 e 27 de abril de 1979)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do II Congreso Nacional de Fotografía, organizado pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Asturias (Oviedo, 9 a 11 de febreiro de 1981)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do V Seminario de Fotografía Profesional, organizado por Fotocolor LEON (Granada, 2 e 3 de decembro de 1981)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa das I Jornadas de la Fotografía Profesional, organizadas pola Confederación Nacional de Fotógrafos Profesionales de España (Madrid, 4 a 6 de marzo de 1982)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa da Convención Profoto (Badaxoz, 6 a 9 de marzo de 1983)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do III Congreso de Fotografía Profesional, organizado pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Vizcaya (Bilbo, 24 a 26 de novembro de 1984)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa dos Premios Foto 1988. Álbum de carnaval, de Mary Quintero, é premiado como Libro del Año de Técnica (Madrid, 8 de maio de 1989)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do III Seminário de Fotografía Profissional, organizado pola Associação de Fotógrafos Profissionais Vale do Sousa (Paredes, 28 de febreiro a 2 de marzo de 1990)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do X Seminari de Fotografía Professional, realizado en Xirona no mes de novembro de 1992 e no que Mary Quintero imparte dous relatorios
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa da representación teatral de La puerta del paraíso, de Miguel Cobaleda, posta en escea polo Teatro Keyzán e na que Mary Quintero realiza as tarefas de fotografía (Vigo, 1993)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Certificado expedido no mes de marzo polo Concello de Vigo no que se recolle a listaxe de Viguesas e Vigueses Distinguidos no ano 1994 e carta en que o alcalde de Vigo lle comunica a Mary Quintero o seu nomeamento como Viguesa Distinguida (Vigo, 11 de marzo de 1994)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
KRUCKENBERG, María do Carmo: Presentación exposición retratos de Mary Quintero. Discurso pronunciado na inauguración da exposición retrospectiva de Mary Quintero Así os viu a súa cámara (Vigo, decembro de 1995)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do II Congreso Fotográfico Profesional, organizado por CIMAT Foto (Madrid, 15 a 17 de novembro de 1996)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa das IX Xornadas Galegas, organizadas pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de Pontevedra (Vigo 27 e 28 de novembro de 1998)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa da Jornada de Trabajo, homologada pola Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la Imagen (FEPFI) e organizada pola Asociación de Fotógrafos Profesionales de Bizkaia (Bilbo, 9 de novembro de 2003)
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Programa do I Salón Internacional Galaico-Portugués de Fotografía e Vídeo: Atlantimag, organizado pola Fundación Semana Verde de Galicia, as asociacións de fotógrafos profesionais de Galicia pertencentes á FEPFI e as de fotógrafos profesionais de Portugal pertencentes á Associação dos Fotógrafos Pro
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Convite da entrega de premios anuais Foto/Óscar 2005 e da homenaxe a Mary Quintero e Paco Pérez Aparisi organizados pola revista foto/VENTAS (Barcelona, 7 de outubro de 2005) Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Fonte: Arquivo de Mary Quintero
Bases do III Concurso de Fotografía y Diseño de Moda Blancanieves, organizado polo Centro Comercial Gran Vía de Vigo e no que Mary Quintero e Cristóbal Vidal forman parte do xurado (Vigo, 2012)
Fonte: http://www.granviadevigo.com/gestion/vvv/evenadj/111_BASES_2012.pdf

Ligazóns de interese

Mary Quintero na wikipedia
[última consulta: 05/01/2024]
O fío de Penélope. O novelo de Mary Quintero

Encarna Otero fai unha achega a Mary Quintero e os seus vínculos e relacións no portal do CCG

[última consulta: 13/01/2023]
«Mary Quintero: una pionera de la fotografía».

Entrevista publicada en tendenciasyotrasocurrencias.blogspot.com.es (22/09/2014)

[última consulta: 05/01/2024]
Créditos da cartografía de Mary Quintero
Créditos
COORDINACIÓN
Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega

DOCUMENTACIÓN
Mary Quintero
Encarna Otero Cepeda
María Xosé Porteiro
Mariam Mariño Costales

TEXTOS
María Xosé Porteiro
Encarna Otero Cepeda
Mariam Mariño Costales

DESEÑO
Miguel Alonso Fachado

REVISIÓN LINGÜÍSTICA
Begoña Tajes Marcote
Cesar Camoira Vega

REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA
Anxos Sumai

TRATAMENTO DIXITAL DE IMAXES
Teresa Navarro Quinteiro
Colaboracións e agradecementos da cartografía de Mary Quintero
PERSOAS
Fernanda Padín Ogando
Maximino Queizán

INSTITUCIÓNS
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Concellaría de Igualdade, Concello de Vigo
Concello de Lugo

XORNAIS E REVISTAS
Atlántico Diario
Boletín de fotógrafos profesionales de Asturias
Boletín informativo de la Asociación de Fotógrafos Profesionales de Asturias
Boletín informativo da Asociación de Fotógrafos Profesionales de La Coruña
El Correo Gallego
El Diario de Asturias
Diario 16 de Galicia
Electro imagen
Faro de Vigo
La fotografía social
Foéminas
Foto profesional
foto/VENTAS
Galicia Moda
Hiposulfito. Revista de la Federación Española de Profesionales de la Fotografía y de la imagen
Información profesional Kodak
La Noche
Nuestra imagen. Órgano de la Sociedad Mexicana de Fotógrafos Profesionales AC
La Nueva España
Pontevedra Empresa
El Progreso
El Pueblo Gallego
Revelador. Boletín informativo profesional
Revista Foto
Revistum. A revista do Verbum de Vigo
Sol de España
La Voz de Asturias
La Voz de Galicia
La Voz de Vigo

Videos


Ana Baena entrevista á pintora Mary Quintero para Atlántico TV
[última consulta: 05/01/2024]

Mary Quintero tivo que loitar por facerse un nome nun mundo de homes
[última consulta: 05/01/2024]

Mary Quintero - A ollada a través da cámara
Episodio de o programa O mellor da vida

Sobranceiros do arquivo VIII. Mary Quintero
Museo de Pontevedra
[última consulta: 05/01/2024]

Fotografía Mari Quintero
Tranvía digital
[última consulta: 05/01/2024]

Artigos Mary Quintero

Aviso Listado automático de documentación relacionada con Mary Quintero nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
QUINTERO, M. (3/1992) [Ana Gandón]. Andaina. 2ª época 1ª xeira (02), 29.
Ver ilustración Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións: