As cartografías son unha homenaxe. Configuran un repositorio documental que xira arredor da traxectoria vital, persoal e laboral, dunha persoa que merece ser destacada nun ou varios ámbitos de actividade nos que desenvolveu e/ou desenvolve a súa produción.
María de las Mercedes Goicoa Fernández
1928-2022Kathleen N. March
1949Elena Colmeiro
1932Mabel Rivera
1952Olga Gallego Domínguez
1923-2010María Josefa Wonenburger
1927-2014Xohana Torres
1929-2017 Na súa elaboración, de autoría colectiva, a colaboración de persoas coñecedoras, de editoriais, publicacións periódicas, arquivos, museos, bibliotecas e outras entidades constitúen a rede de apoios necesarios para a realización deste tratamento documental en profundidade.
Mais sobre todo é particularmente relevante a colaboración de quen a protagoniza, o acceso aos seus arquivos persoais: documentais e fotográficos, e a súa memoria, recollida mediante entrevistas en profundidade e que fica particularmente reflectida nunha cronoloxía interactiva.
Engádese ademais un texto introdutorio con carácter laudatorio no que se recollen os aspectos máis destacados da dilatada vida da protagonista; compílase a obra escrita, producida por e sobre ela, en monografías, en fontes especializadas e en publicacións periódicas; segundo os casos, engádense tamén as producións e investigacións que, aínda que non sexan da súa autoría, dan continuidade ás súas liñas de acción ou investigación no decorrer dos anos. Ten cabida tamén a presenza da cartografada na radio, na televisión, na rede de Internet e unha panorámica visual da súa vida nunha galería fotográfica.
Biografado/a | Temáticas | |
---|---|---|
![]() |
María Xosé Agra Romero Santiago de Compostela, 1956- |
|
![]() |
Pascuala Campos de Michelena Saviote, 1938- |
|
![]() |
Elena Colmeiro Silleda, Pontevedra, 1932- |
|
![]() |
Nieves Fernández Vidueira Fornelos de Cova, 1962- |
|
![]() |
Olga Gallego Domínguez Ourense, 1923-Ourense, 2010 |
|
![]() |
María de las Mercedes Goicoa Fernández A Coruña, 1928-A Coruña, 2022 |
|
![]() |
Kathleen N. March Rochester (Nova York, EUA), 1949- |
|
![]() |
Tereixa Navaza - |
|
![]() |
Carmela Porteiro Lago Santiago de Compostela, 1950- |
|
![]() |
Mary Quintero - |
|
![]() |
Mabel Rivera Ferrol, A Coruña, 1952- |
|
![]() |
Xohana Torres Santiago de Compostela, 1929-Vigo, 2017 |
|
![]() |
María Josefa Wonenburger Oleiros (A Coruña), 1927-A Coruña, 2014 |