Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela cdsg@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
Chega unha nova edición do programa "Ben veñas, maio" O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e mais a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos IES e CIFP de Pontevedra organizan unha nova edición do programa "Ben veñas, maio", dirixido ao alumnado matriculado nos institutos públicos do concello. O obxectivo do programa é fomentar a creatividade e o uso do galego entre a mocidade. Nesta edición, o alumnado poderá participar en calquera destes seis certames: videoclips musicais, curtametraxes, fotografía, banda deseñada, narración curta e poesía. O prazo de admisión de traballos remata o 23 de abril de 2021.
05/03/2021
Obradoiro de apoderamento lingüístico na USC A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da USC, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística, organiza o "Obradoiro de apoderamento lingüístico. Ferramentas dende a Educación Social", dirixido preferentemente ao alumnado do grao de Educación Social. O obxectivo é reflexionar sobre a problemática lingüística galega e afondar nas potencialidades da educación social en materia de normalización lingüística. As sesións desenvolveranse, a través de videoconferencia, os días 13, 16, 20 e 23 de abril de 2021. O prazo de inscrición remata o 7 de abril. Para ampliar información, preme aquí.
05/03/2021
A Deputación de Pontevedra convoca axudas ás entidades culturais para o fomento do galego A Deputación de Pontevedra convoca axudas dirixidas a entidades culturais sen fin de lucro, destinadas a fomentar o emprego da lingua galega na sociedade durante o ano 2021. As accións subvencionables deben pertencer a algunha das seguintes tipoloxías: certames literarios e xornalísticos; creación audiovisual e literaria; feiras/eventos de promoción da creación en galego; estudos sobre sociolingüística; xornadas e publicacións sobre recuperación da toponimia; xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en galego; iniciativas e publicacións de conmemoración do Día das Letras Galegas, ou recoñecementos a persoas e colectivos que aposten polo galego; obradoiros de fomento do galego entre a veciñanza; produción de materiais en galego dirixidos á difusión do idioma nalgún eido. O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de abril de 2021. Para consultar as bases preme aquí.
Arrolos de salitre para os bebés de Ames O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza a actividade "Arrolos de salitre", un obradoiro de cantos de berce no que, da man de Faia Díaz e Guillerme Fernández, poderás aprender melodías para arrolar as crianzas con lingua, música e moito apego. A iniciativa está dirixida a familias con nenos/as de 0 a 2 anos, ou que estean esperando un bebé. A actividade terá lugar o vindeiro 11 de marzo de 2021 no Pazo da Peregrina (Bertamiráns). Podes obter máis información sobre os trámites de inscrición premendo aquí.
Libro de marcadores sociais do CDSG Libro completo de marcadores, dispoñible para compartir en rede, do que se extrae a selección de referencia que podes consultar en De Bolina
Informamos que o servizo "Lingua en Titulares" fica suspendido provisionalmente para estudar como lle afectan os últimos cambios establecidos na Lei de Propiedade Intelectual que se activan a partir de 2015. Desculpen as molestias.
Asesoramos entidades lingüísticas, investigadores e profesionais da sociolingüística galega.
Difundimos os recursos xerados para a planificación do uso do galego: plans, estudos, informes, materias de campañas.
Creamos materiais e produtos documentais destinados a dar apoio ao proceso de normalización lingüística do noso idioma.
Organizamos seminarios, cursos e os Encontros para a Normalización Lingüística desde 1998.