Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
De Bolina

Bolinar:
Navegar aproveitando ao máximo a dirección do vento

Ofrecémosche unha selección de referencia con recursos e información relacionada coa planificación e normalización das linguas minorizadas. Cada semana recomendámosche unha nova viaxe.

APRENDIZAXE DA LINGUA
  • #DígochoEu
    Microespazo emitido na TVG para fomentar o uso do galego e mellorar a súa calidade.
  • Aprender galego
    Sección do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) con información sobre cursos de galego, presencias e en liña, así como sobre materiais didácticos para a autoaprendizaxe.
  • Aprendo galego en liña
    Sección do web Ogalego.eu con contidos teóricos e exercicios prácticos relacionados coa materia de lingua e literatura galegas, dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato.
  • Ben Falado!
    Microespazo diario de 5 minutos de duración dedicado á lingua galega emitido na TVG durante o período xullo 2008-abril 2011
  • Curso de galego - La Voz de Galicia
    Curso en liña deseñado para adquirir as competencias lingüísticas necesarias para superar as probas do Celga 3.
  • Curso de lingua: mellor uso, máis calidade
    Curso de lingua galega, estruturado en 15 leccións, publicado en Nós Diario en maio de 2020.
  • Curso medio de linguaxe administrativa galega
    Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
  • Curso medio de linguaxe xurídica galega
    Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
  • Curso superior de linguaxe administrativa galega
    Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
  • Curso superior de linguaxe xurídica galega
    Curso en liña, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, deseñado para facilitarlle ao funcionariado a formación lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
  • Cursos Celga na modalidade de autoaprendizaxe
    Versión en liña dos cursos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 para realizar na modalidade de autoaprendizaxe. Cómpre rexistro previo na plataforma de teleformación.
  • Falamos!
    Guía de acompañamento lingüístico destinada á aprendizaxe do galego a través da conversa.
  • Habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral
    Manuais deseñados para o módulo formativo transversal que se oferta dentro dos cursos de formación profesional ocupacional.
  • Isto é galego
    Curso de galego en liña emitido
    en Cuac FM
  • Proxecto Artello
    Manuais de aprendizaxe da lingua galega deseñados para traballar aspectos relacionados coa ortografía e o léxico
  • Un mundo de palabras
    Programa de difusión lingüística emitido na Radio Galega durante os meses de xullo e agosto de 2006

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205