CENTROS DE REFERENCIA
- A Mesa pola Normalización Lingüística
Plataforma independente que ten como obxectivo a reivindicación e promoción do uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais
- As Médulas para a Lingua e Cultura Galegas do Bierzo
Grupo plural, aberto á participación da cidadanía, que traballa a prol da dignificación da cultura e lingua galegas na contorna berciana.
- Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua)
Agrupación de concellos galegos que ten como obxectivo desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización lingüística.
- Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Asociación que traballa a prol da dignificación do oficio de escritor/a, así como da promoción dos autores/as e das súas obras.
- Asociación de Medios en Galego
Entidade que ten como obxectivos consolidar un espazo de comunicación en galego e defender os intereses dos medios de comunicación en lingua galega
- Asociación de Tradutoras e Tradutores Literarios de Galicia
Asociación profesional que ten como obxectivo fomentar a tradución ao galego como ferramenta para a súa normalización.
- Asociación Galega de Editoras
Asociación que traballa a prol da promoción e difusión da edición de libros en lingua galega
- Asociación Galega de Onomástica
Entidade asociativa que orienta e promove a investigación no ámbito da onomástica galega
- Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)
Entidade que ten como obxectivo a promoción da lingua galega no mercado da tradución e da interpretación, así como a formación continua e mellora das condicións laborais dos profesionais deste ámbito
- Associaçom de Estudos Galegos
Asociación de carácter académico que ten como obxectivo establecer a norma, de carácter reintegracionista, da variedade galega da lingua galego-portuguesa.
- Associaçom Galega da Lingua (AGAL)
Entidade que traballa a prol da normalización do galego-portugués en Galicia e a súa reintegración no ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro
- Axuntar
Entidade asociativa que traballa a prol da normalización lingüística do "galego de Asturias", falado na comarca do Eo-Navia.
- Comisión Cultural Martín Sarmiento
Entidade que traballa na potenciación do uso do galego nos centros de ensino no Bierzo e na promoción dos intercambios escolares Bierzo-Galicia.
- Consello da Cultura Galega
Organismo estatutario con personalidade xurídica propia ao que lle compete a defensa e promoción dos valores culturais e lingüísticos do pobo galego
- Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado
Órgano colexiado interministerial dedicado á análise, ao impulso e á coordinación da política lingüística da Administración Xeral do Estado
- Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Asociación profesional que promove a coordinación entre os traballadores/as de normalización, defende os seus intereses xerais e ofrece recursos de utilidade para desenvolver o seu labor.
- Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago
Departamento universitario da Facultade de Filoloxía ao que se adscriben as licenciaturas de Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Portuguesa
- Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
Departamento universitario da Facultade de Filoloxía ao que se adscribe a licenciatura de Filoloxía Galega
- Departamento de Letras. Sección departamental de Galego-Portugués. Universidade da Coruña
Sección departamental adscrita ao Departamento de Letras da Universidade da Coruña
- Fala Ceibe
Colectivo cultural que ten como principal misión a defensa e promoción da lingua galega na comarca fronteiriza do Bierzo
- Galeguizar Galicia
Colectivo que agrupa diversas entidades que traballan a prol da normalización do idioma galego en diferentes ámbitos sociais.
- Grupo de Investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (Grupo TALG)
Grupo de investigación da Universidade de Vigo que traballa no ámbito da lingüística de corpus e computacional, así como na elaboración de ferramentas informáticas vinculadas á lingua
- Instituto da Lingua Galega
Centro de investigación, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela, especializado no estudo científico da lingua galega
- ProLingua
Colectivo que traballa a prol da defensa e promoción da lingua galega.
- Queremos Galego
Plataforma cidadá que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol do galego
- Real Academia Galega
Institución que ten como obxectivos a ilustración, defensa e promoción do idioma galego
- Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Órgano superior da Administración autonómica en materia de promoción e ensino da lingua galega e de dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia