LINGUA E SOCIEDADE
- A lingua no sector editorial
Datos de edición e hábitos de lectura nas diferentes linguas oficiais do Estado, ofrecidos pola Federación de Gremios de Editores de España
- A memoria da lingua
Documental que nos achega á memoria histórica da lingua galega a través de vinte entrevistas a persoas de diferente idade e condición social
- A Xanela
Documental, autoría de Daria Shornikova, que recolle as historias, palabras e sentimentos en relación ao idioma galego que atopou en Galicia
- Análise sociolingüística da UDC
Datos sobre coñecemento, usos e actitudes lingüísticas na Universidade da Coruña
- Datos de coñecemento e uso do galego ( Censo de poboación 2011)
Datos sociolingüísticos sobre competencia e uso do galego elaborados polo Instituto Galego de Estatística a partir do Censo de poboación e vivendas dos anos 2001 e 2011
- Datos de coñecemento e uso do galego (IGE 2018)
Datos sociolingüísticos sobre competencia e uso do galego elaborados polo Instituto Galego de Estatística a partir da Enquisa estrutural a fogares dos anos 2003, 2008, 2013 e 2018.
- Dicionarios de ida e volta
Colección de 6 pezas audiovisuais nas que 6 persoas que chegaron a Galicia procedentes de diferentes países nos falan do proceso migratorio e do poder integrador da lingua galega nas súas vidas.
- EuFalo.TV
Documental colaborativo sobre a lingua galega e os seus falantes
- Fronteiras
Documental, dirixido por Rubén Pardiñas, no que se reflexiona sobre as lindes xeográficas e culturais de Galicia, así como sobre a situación sociolingüística do “galego estremeiro”
- Galicia para neofalantes
Serie de 7 podcasts emitidos na Radio Galega nos que Pilar Ponte difunde contidos sociolingüísticos dirixidos aos neofalantes.
- Guía didáctica "Lingua e sociedade"
Guía para achegarlle á comunidade educativa contidos didácticos, de carácter teórico e práctico, relacionados co ámbito da sociolingüística.
- Irmandades da Fala
Álbum con información biográfica e bibliográfica sobre os membros das Irmandades da Fala.
- Lingua de reis, lingua do pobo
Capítulo da serie Historias de Galicia dedicado á historia da lingua galega, emitido na TVG en decembro de 2007
- Linguas cruzadas
Documental sobre a situación da lingua galega entre a xente nova
- Mapa sociolingüístico de Galicia 2004
Estudo sociolingüístico elaborado pola Real Academia Galega que achega os datos sobre actitudes, competencia e usos lingüísticos en Galicia, obtidos a partir dunha mostra de mais de 9 000 enquisas realizadas en 2004
- Modelo Burela
Documental, elaborado polo IES Perdouro e mais o Concello de Burela, que amosa o traballo de dinamización lingüística desenvolvido entre a poboación burelá
- Neofalantes.gal
Portal con información e documentación de interese para a comunidade de neofalantes de galego.
- O galego na docencia da USC
Páxina con datos sociolingüísticos sobre o uso do galego no ámbito docente da Universidade de Santiago de Compostela
- Observatorio da Cultura Galega - Lingua
Sección do web do Observatorio da Cultura Galega con datos estatísticos sobre coñecemento e uso do galego
- Observatorio da Lingua Galega
Web que achega análises sociolingüísticas, con información cuantitativa e cualitativa, sobre a presenza do galego nos diferentes ámbitos sociais
- Plan de normalización da lingua galega
Documento, aprobado polo Parlamento de Galicia en setembro de 2004, que recolle 445 medidas destinadas a normalizar o uso da lingua galega nos diferentes ámbitos sociais
- Sotaques: galegos que soan diferente
Serie audiovisual na que diferentes persoas estranxeiras contan as súas razóns para falar galego.