Feitos

Competencias lingüísticas

A evolución máis positiva para o galego nos últimos anos tense dado no terreo das competencias lingüísticas, é dicir, na capacidade que teñen os galegos para entender, falar, ler e escribir en galego. Practicamente todo o mundo entende o galego e 1 de cada 9 galegos sabe falalo. Grazas á escolarización en galego e a outros factores nos últimos anos dobrouse o número de persoas que sabe ler e escribir na nosa lingua.