Feitos

Lingua inicial

En Galicia a maioría da poboación ten o galego como lingua materna. Durante os últimos anos tense producido unha evolución negativa, xa que cada vez son menos os nenos aos que se lles fala galego na casa. Con todo, non só ascende o número dos que se lles fala castelán, senón que o número de falantes iniciais que aumenta máis é o dos bilingües, o cal é moi positivo.