DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

Historia

0 - ca. 1200. Do latín ao galego: o falar das fadas

Galicia recibiu o seu nome dos romanos (Gallaecia), que remataron a conquista do noroeste da península ibérica pouco antes do comezo da nosa era (ca. 28 a.d.C). No territorio de Gallaecia, os suevos constituíron o primeiro reino xermánico do occidente de Europa (ss. V-VI). As linguas (de tipo céltico ou afín) que falaban os antigos galegos cederon ante o pulo do latín, pero deixaron abundantes pegadas na toponima galega. Esta tamén testemuña o denso poboamento xermánico, especialmente despois da conquista musulmana da península, que case non afectou o noroeste. O latín foi a única lingua escrita en Galicia ata o século XIII. O esplendor cultural de Compostela, favorecido polo surto das peregrinacións a Santiago, manifestouse nas artes plásticas, mais tamén na literatura en latín do século XII.