MAPAS
Bloques dialectais do galego

<<   1  2  3  4  5  6  >>

O galego ten unha norma oficial, que comprende unha gramática e un léxico unificado, como calquera outra lingua oficial. Pero como ocorre en moitas outras comunidades lingüísticas, dentro da fala, o que se chama galego coloquial, hai unhas diferenzas dialectais. As pequenas variacións dan lugar a que se divida o galego falado en tres grandes bloques: occidental, central e oriental. Por exemplo, os falantes do bloque occidental din “pantalóns”, os do central “pantalós” e os do oriental “pantalois”. As fronteiras que dividen este bloques son as isoglosas.