DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA


Lingua habitual en Galicia

Lingua habitual en Galicia

Dentro de Galicia, hai xente que fala galego, hai xente que fala castelán e hai quen fala as dúas linguas. As zonas onde se fala menos galego son as comarcas das cidades atlánticas de Vigo, A Coruña e Ferrol, onde o castelán é a lingua predominante. No resto das comarcas o galego é a lingua maioritaria. Seguindo a gradación de cores que temos no mapa, nos seguintes dous tramos sitúanse o resto de comarcas urbanas, a saber, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense. As comarcas costeiras de Pontevedra quedan tamén incluídas no corte intermedio. Nas comarcas da Coruña oriental, as do sur de Lugo e todas as ourensás, o uso do galego é elevado. No resto, o uso do galego é case xeral.