DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA


O galego e o espazo luso-brasileiro

Como consecuencia do protagonismo do Reino de Portugal na grande aventura europea que conduciu aos descubrimentos dos séculos XV a XVII, e como consecuencia da política expansionista deste reino, a lingua portuguesa gañou unha ampla difusión. Hoxe o portugués é falado pola maioría da poboación do Brasil (180 millóns de persoas) e é lingua oficial e de comunicación en varios países de África, como Cabo Verde, Guinea-Bisau, Angola e Mozambique. Dado o estreito parentesco entre o galego e o portugués, que permite unha doada intercomprensión entre os seus falantes, o idioma de Galicia resulta tamén unha ferramenta útil para a comunicación no interior da vasta área lingüístico-cultural luso-brasileira, ao que o galego pula por incorporarse de cheo. A modalidade idiomática brasileira, a máis importante por extensión e número de falantes, resulta incluso máis próxima ao galego do que o portugués lisboeta.