DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

Historia

Ruta de palabras

Coloquio de 24 gallegos rústicos, por Frei Martín Sarmiento

MARCOS DA PORTELA:
1.- No chan que en Morrazo
chaman os galegos
chán de Parafita,
que chega hasta o cèo,

2.- que está nò camiño
que vay á o Ribeyro
dendes Pontevedra,
a vila do reyno;

3.- a hum-há legoiña,
camiño dereyto,
fay conta que sigues
o rumbo surlesto;

4.- se sube en relanzo
por todo o vieyro,
sin muita fadiga
nem muito tormento.

Despois do esplendor da literatura medieval, o galego entrou nunha época de decadencia. Durante os Séculos Escuros escribiuse moi pouco na nosa lingua. Martín Sarmiento, un frade sabio nacido en Pontevedra ao final do século XVII, non só escribiu obras como este fragmento das 1201 coplas que escribiu na lingua que aprendeu de neno, senón que tamén era partidario de que se lles ensinase aos rapaces en galego na escola ou que os relixiosos que viñesen a Galicia aprenderan a lingua das xentes de aquí.