DISPOÑIBLE EN

GL
EN
ES

CONTACTAR

ACERCA DE LOIA

Historia

Ruta de palabras

«Estranxeira n'a súa patria», por Rosalía de Castro

N´a xa vella baranda
Entapizada d´edras e de lirios
Foise a sentar calada e tristemente
Frente d´o tempro antigo

Interminable precesion de mortos
Uns en corpo no-mais, outros n´o esprito,
Veu pouco á pouco aparecer n´altura
D´o direito camiño,
Que monotono e branco relumbraba
Tal com´un lenzo n´un herbal tendido

Contemprou cal pasaban e pasaban
Collendo hacia o infinito,
Sin que ô fixaren n´ela
Os ollos apagados e afundidos
Deran siñal nin moestra
D´habela n´algun temo conocido

Y uns eran seu amantes n´outros dias,
Deudos eran os mais y outros amigos,
Compañeiros d´a infancia,
Sirventes e veciños.
Mias pasando e pasando diante d´ela
Fono os mortos aqueles proseguindo,

A indiferente marcha
Camió d´o infinito,
Mentres cerraba a noite silenciosa
Os seus loitos tristísimos
Entorno d&a ute;a estranxeira n´a sua patria
Que sin lar nin arrimo,
Sentada n´a baranda contempraba
Cal brilaban os lumes fuxitivos

Durante o século XIX o galego vive o seu “rexurdimento”. Neste renacer, teñen un papel fundamental figuras como Rosalía de Castro, unha das nosas escritoras máis universais. Este poema, publicado en 1880 no seu libro Follas novas, é representativo do cultivo poético dese período. O galego escrito daquela época garda moitas semellanzas co de hoxe en día, aínda que algunhas letras como o <y> ou os apóstrofos xa non se utilizan.