O incerto Señor Don Hamlet príncipe de Dinamarca, por Álvaro Cunqueiro

ESCENA IV El Rei Halmar que estaba escondido sae a escena
Halmar
¡Non!
Hamlet
  Sí, ten que seguir, Rei Halmar. Fíxate que está ao pé do leito, que é un home robusto, un grande fornicador, un cocho bravo. ¡Súpeto, Fusquenllo! ¡Bótate derriba da moza! ¡El Rei, seu afianzado, está cazando patos azulós! ¡Tócalle as tetas!
Halmar
  Hamlet, dígoche que non foi así. Outras eran as miñas verbas. Eu era o segundó,n da casa real. Dixeron que era bó pra soldado. ¡Érguete, Colombina! Mandábanme a cansarme nas fronteiras. Cun pouco de sorte, incruso podería morrer de dardo nunha escampada. Habería misas en Elsinor. Por&iacue;an un pano negro que chegase dende as ameas da Torre da Boutre ás ondas do mar. I eu podrecería caladamentes baixo unha lousa da Cámara Real.¡Non chores, Colombina!
Hamlet
¡Halmar! ¡Non falábamos de ti!
Halmar
Falo eu de min e de outros. Chegaba canso e bébedo. Non me fartaba de dormir. Ao espertar sabía que tiña que adubiar o cabalo e sair venablo en man á batalla. Podes chamar ás cousas polo seu nome. Di medo. E confesábame coela. Unha pequena irmá doce. Colombina, achégate a min, pon a túa man na caluga de El Rei de Dinamarca. Escoita como bate o meu corazón. Confesábame coela. Podía morrer ao seguinte día. ¡Non te vaias asía!, decíame. Eso foi todo. Naide pidéu, nadie forzóu. Dígoche que te fixen, Hamlet, con amor, e despóis choréi Foi como si o tivéramos por costume. Xogaba comigo.

Durante o século XX a literatura galega vai adquirindo cada vez máis importancia, cultivándose todos os xéneros literarios. Álvaro Cunqueiro, autor deste fragmento da obra de teatro O incerto señor Don Hamlet, Principe de Dinamarca de 1958, foi un escritor moi popular en Galicia e no resto de España, autor dunha extensa obra narrativa e xornalística.


Para saber máis