«Ondas do mar de Vigo», por Martín Códax

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo
E ay Deus! se verrá cedo?

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ay Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ay Deus! se verrá cedo?

Se vistes meu amado,
Por que ei gran coidado?
E ay Deus! se verrá cedo?

O autor desta cantiga de amigo é Martín Códax, un xograr galego que viviu no século XIII. Durante a Idade Media o galego e o portugués conformaban unha mesma lingua, o galego-portugués. Esta época é dun grande esplendor para as letras, e nela están compostas algunhas das obras máis importantes da nosa literatura. Aínda que a lingua cambiou en moitos aspectos dende aquela época, segue habendo coincidencias abondo para que os lectores de hoxe en día entendan ben aquel primeiro galego escrito.


Para saber máis