Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15702 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.org
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
Carta de servizos

14/05/2012

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia está adscrito ao Consello da Cultura Galega, institución estatutaria que ten como misión a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.

O principal obxectivo do CDSG é participar, como axente activo, no proceso de normalización do idioma galego, propiciando o intercambio e difusión dos materiais xerados neste proceso e creando foros de debate e reflexión arredor da planificación lingüística en Galicia.

Descarga en PDF.


SERVIZOS

ACCESO AOS FONDOS

  • Consulta en sala de monografías e publicacións periódicas especializadas en sociolingüística.
  • Consulta en sala do fondo documental especial, compilado a partir do traballo de planificación lingüística desenvolto arredor do idioma galego.
  • Préstamo de monografías.
  • Consulta en liña dos catálogos de monografías e
    seriadas.

Estes servizos están especialmente deseñados para os estudosos/as e profesionais do ámbito da planificación lingüística e, en xeral, para todo o público interesado.

FORMACIÓN E INFORMACIÓN

  • Publicación de actas de congresos, informes especializados, guías de recursos e outros materiais relacionados coa planificación lingüística de Galicia.
  • Selección e difusión de sitios web e recursos en liña de interese para os/as usuarios/as do centro.
  • Mantemento dun servizo web diario de novas sobre sociolingüística galega.
  • Organización de seminarios e congresos destinados a investigadores e profesionais do ámbito da planificación lingüística do galego.

ASESORAMENTO

  • Atención de consultas personalizadas a calquera usuario/a que o solicite.
  • Asesoramento a colectivos e institucións implicadas no proceso de normalización do idioma galego.

 

COMPROMISOS DE CALIDADE

  1. As solicitudes de préstamo bibliográfico e de acceso ao fondo de monografías e publicacións periódicas atenderanse no momento, sen necesidade de cita previa.
  2. As solicitudes de acceso ao fondo de documentación especial atenderanse nun prazo máximo de 5 días laborables. No momento da solicitude, o persoal do centro indicaralle ao usuario/a o día exacto no que terá dispoñibles os documentos para a súa consulta en sala.
  3. O catálogo en liña de monografías incorporará os rexistros novos nun prazo máximo de 3 meses.
  4. O catálogo de seriadas e o boletín de sumarios terán unha actualización anual, que se realizará nos 30 primeiros días do ano.
  5. O web do centro actualizarase segundo a actualidade informativa o requira. No caso dos libros de marcadores en liña (De Bolina e Delicious), o CDSG comprométese a realizar, como mínimo, unha actualización trimestral.
  6. O centro comprométese a organizar, como mínimo, unha actividade formativa ao ano destinada aos profesionais e estudosos/as do ámbito da sociolingüística galega.
  7. Atenderanse as visitas guiadas ao centro nun prazo máximo de 15 días laborables, desde o momento no que se realice a solicitude.
  8. As consultas de asesoramento sociolingüístico serán contestadas no prazo máximo de 10 días laborables. Se, debido á complexidade da consulta, o persoal do centro valora que non vai poder cumprir este prazo, comunicarallo ao/a usuario/a por correo electrónico, indicándolle o novo prazo estimado de resolución.
  9. O centro suspenderá os seus servizos de atención ao público durante o mes de agosto. Os prazos para a resolución de solicitudes recibidas durante este mes comezarán a contar a partir do primeiro día laborable de setembro.
  10. CDSG responderá todas as queixas e suxestións no prazo de 10 días laborables.

 

ACCESIBILIDADE

SUXESTIÓNS

Os servizos que ofrece o CDSG son resultado do labor colaborativo entre os usuarios/as e o equipo do centro: os fondos, os produtos documentais, as novas. Se xa colaboras con nós, GRAZAS. Se aínda non o fas, podes axudarnos a mellorar os nosos servizos facéndonos chegar as túas suxestións ou queixas. Faino a través do correo electrónico ou ben a través desta enquisa.

RECLAMACIÓNS

No caso de que desexes realizar unha reclamación formal, podes presentala no Rexistro do Consello da Cultura Galega (situado no Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obra d o i r o , s / n , Santiago de Compostela), no seu horario de atención ao público.

Contacto
+0034 881995146 / 881995142
cdsg@consellodacultura.gal
http://consellodacultura.gal/cdsg

Consulta en sala
Biblioteca de Galicia - 1º andar
Cidade da Cultura de Galicia
Santiago de Compostela
Horario: 9 h a 14 h
Transporte público: liña 9 e liña C11 (consulta horarios)

Envíos postais
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela

DOCUMENTOS
Carta de servizos do CDSG (pdf)
O Delicious do CDSG
Libro completo de marcadores, dispoñible para compartir en rede, do que se extrae a selección de referencia que podes consultar en De Bolina
A Nosa Fala
Bloques e áreas lingüísticas do galego. Trátase dun audiolibro con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século.
publicacions
Portada de  Estudos sobre o cambio lingüístico no galego actual Estudos sobre o cambio lingüístico no galego actual (2017)
Elisa Fernández Rei. Edición / Xosé Luís Regueira. Edición /


Portada de  laranxas máis laranxas de todas as laranxas¬As laranxas máis laranxas de todas as laranxas¬As (2017)
Carlos Casares. Autoría /




Portada de  Textos científicos en galego Textos científicos en galego (2016)
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Dirección / Alfonso Mato. Coordinación /


Portada de  lingua galega no solpor medieval¬A lingua galega no solpor medieval¬A (2016)
Ramón Mariño Paz. Edición / Xavier Varela. Edición /


Portada de  comunicación en Galicia 2015¬A comunicación en Galicia 2015¬A (2016)
Xosé López García. Coordinación / Rosa Aneiros. Coordinación /


Portada de  B. J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración B. J. Feijoo, renovador do pensamento da Ilustración (2016)
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Coordinación /


Ver todas
Últimas NOTICIAS
20/11/2017
Resólvense os XXIV Premios de Publicidade en Galego
14/11/2017
II Xornadas de Terminoloxía Matemática na USC
14/11/2017
XIII Xornadas de Normalización Lingüística nos centros católicos
14/11/2017
O Nadal de Zas cántase en galego
13/11/2017
Nova publicación sobre o cambio lingüístico no galego actual
09/11/2017
As matemáticas en galego, habelas, hainas
08/11/2017
Nova edición do Club de Debate
08/11/2017
Contratos de investigación no Instituto da Lingua Galega
06/11/2017
Simposio internacional “E irei madr’a Vigo”
06/11/2017
Concurso de vídeos para achegar a xente nova ao mundo trobadoresco

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205