O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela presenta unha colección de
suplementos temáticos para correctores ortográficos, que permiten ampliar o dicionario xeral que usa por defecto o corrector e engadir terminoloxía técnica centrada nunha determinada área de especialidade. A colección bota a andar cos dicionarios personalizados para as áreas de economía e empresa e de dereito, e irase completando cos dos restantes ámbitos. Os suplementos temáticos da USC funcionan en contornas Windows, Linux e macOS (Apple). O SNL da USC tamén elaborou un breve vídeo titorial para facilitar as tarefas de instalación.
Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205