Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15702 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.org
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
Fondos

02/04/2012

Os fondos do CDSG proceden das adquisicións, intercambios e doazóns que lle fan ao Centro persoas, entidades e colectivos, tanto públicos coma privados, de dentro ou de fóra de Galicia.

Como usuario/a podes consultar en sala aqueles materiais que non se poden levar en préstamo. Tamén podes acceder directamente aos nosos fondos desde aquí:

Catálogo de Monografías

Catálogo de Publicacións Periódicas

Boletín de Sumarios 2016

TIPOS DE FONDOS

  • Documentación gris

    Documentación non editada, distribuída por canles non convencionais, de carácter técnico: informes, proxectos, memorias... producidos polos diferentes axentes que están traballando a prol da normalización do galego.

    O CDSG é a única entidade na que podes consultar estes materiais, que deixan constancia do importante labor que se está a desenvolver no ámbito da planificación lingüística galega. Serven, ao mesmo tempo, de exemplo e referencia para todas aquelas persoas que se inician nun momento determinado neste tipo de traballos.


  • Lexislación

    Disposicións normativas dos distintos ámbitos de decisión galegos, así como regulamentación internacional e doutras linguas minorizadas. Exemplos desta documentación son as ordenanzas municipais de normalización lingüística, os convenios do sector socioeconómico ou as convocatorias de subvencións.

    O CDSG realiza esta compilación documental a través do baleirado de diferentes fontes de información, como o Diario Oficial de Galicia, o Boletín Oficial e o Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, bases de datos en liña e outras publicacións especializadas en lexislación lingüística.


  • Materiais especiais

    Fondos recollidos como resultado das diferentes iniciativas de dinamización lingüística que se desenvolven a prol da lingua galega, ou doutras linguas minorizadas, e que conforman o noso patrimonio sociolingüístico.

    O CDSG ocúpase de conservar e difundir este tipo de documentación, que se presenta en múltiples formatos e soportes: carteis, adhesivos, dípticos, bolígrafos, camisetas, pins, globos, mistos, etc.


  • Monografías

    Traballamos para ofrecer unha colección de sociolingüística galega que adquira o valor de fondo de referencia para especialistas e interesados neste ámbito. Fan parte dela ensaios, estudos, informes, teses e actas de congresos que analizan a situación do idioma galego.

    Ademais da Colección Galicia , contamos tamén cunha Colección Xeral na que se atopa a documentación sobre sociolingüística xeral e outras linguas minorizadas.

    Os fondos de monografías do Consello da Cultura Galega intégranse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

    Accede ao Catálogo


  • Prensa

    Conservamos novas, artigos de opinión, editoriais e entrevistas con contidos de sociolingüística nos principais xornais galegos; temos ao dispor dos usuarios e usuarias cadernos de prensa desde o ano 1987. Así mesmo, elaboramos monográficos sobre temas de especial relevancia.

    En 2012, o aproveitamento das novas tecnoloxías permitiunos comezar a ofrecer o servizo Lingua en Titulares, un caderno de prensa en liña diario no que compilamos as novas publicadas sobre lingua a partir dunha selección de máis de 30 medios destacados. Actualmente o servizo fica suspendido provisionalmente para estudar como lle afectan os cambios establecidos na Lei de Propiedade Intelectual que se activou o 1 de xaneiro de 2015. Desculpen as molestias.


  • Seriadas

    O CDSG conta nos seus fondos cun total de 468 títulos de publicacións periódicas, que se poden consultar en sala ou levar como préstamo a domicilio no caso de haber varios exemplares dispoñibles.

    A hemeroteca está composta por revistas, boletíns e xornais editados por institucións, organismos oficiais e asociacións. A súa temática adoita estar relacionada coa sociolingüística, pero tamén dispoñemos doutras publicacións de temática diversa que conservamos como mostra, por seren as pioneiras escritas en galego ou noutras linguas minorizadas neses campos.

    Establecemos catro categorías para agrupalas:

    - Sociolingüística: publicacións en curso con contidos de lingua, de sociolingüística galega e doutras linguas minorizadas
    - Publicacións de mostra: revistas de temática diversa recollidas como mostra do que se edita en galego ou noutras linguas minorizadas
    - Revistas escolares: boletíns e xornais elaborados polos centros de ensino ou polos seus equipos de normalización lingüística
    - Publicacións pechadas: publicacións que se deixaron de editar

    Accede ao Catálogo

    Accede ao Boletín de Sumarios 2016


O Delicious do CDSG
Libro completo de marcadores, dispoñible para compartir en rede, do que se extrae a selección de referencia que podes consultar en De Bolina
A Nosa Fala
Bloques e áreas lingüísticas do galego. Trátase dun audiolibro con textos de diferentes xeracións de falantes, rexistrados entre mediados dos anos 70 e mediados dos 90 do pasado século.
publicacions


Portada de  Textos científicos en galego Textos científicos en galego (2016)
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Dirección / Alfonso Mato. Coordinación /


Portada de  lingua galega no solpor medieval¬A lingua galega no solpor medieval¬A (2016)
Ramón Mariño Paz. Edición / Xavier Varela. Edición /


Portada de  Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa (2014)
Xulio Sousa. Edición / Marta Negro Romero. Edición / Rosario Álvarez. Edición /


Portada de  Galicia en Cuba Galicia en Cuba (2013)
Xosé Neira Vilas. Autoría /


Portada de  Contacto de linguas, hibrididade, cambio Contacto de linguas, hibrididade, cambio (2013)
Eva Gugenberger. Edición / Henrique Monteagudo. Edición / Gabriel Rei-Doval. Edición /


Portada de  Escribir de ciencia en galego Escribir de ciencia en galego (2012)
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Edición / Xurxo Mariño. Edición /


Ver todas
Últimas NOTICIAS
15/09/2017
Curso de achegamento ao galego no Concello de Vigo
15/09/2017
Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Pobra do Caramiñal
12/09/2017
Xornada sobre etiquetaxe en galego
06/09/2017
O papel das linguas minorizadas no cine abrirá o Congreso sobre Pequenas Cinematografías
05/09/2017
Novos calendarios en galego para comezar o curso escolar
31/08/2017
Modelo de axenda infantil en galego para educación infantil
29/08/2017
Volve o LGx15 e ti tes moito que contar
29/08/2017
Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Laracha
28/08/2017
Convocatoria de cursos de galego nas escolas oficiais de idiomas
02/08/2017
Bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205