Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n
15707 Santiago de Compostela
cdsg@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 146 | +34 881 995 142
Noticia

26/10/2021
Dispoñibles os vídeos dos XXIII Encontros para a Normalización Lingüística, que reflexionan sobre a transmisión interxeracional do galego

“Fálalle galego” foi a primeira campaña pública en defensa do idioma dun novísimo goberno autonómico. Corría o ano 1984 e atendía á necesidade da transmisión xeracional do idioma. 37 anos despois o tema volve estar sobre a mesa, xa que todos os indicadores sinalan a transmisión do galego como un problema grave, aínda que non o único. Sobre este aspecto incide a XXIII edición dos Encontros para a normalización lingüística que organiza cada ano o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), arquivo do Consello da Cultura Galega (CCG). Os vídeos coas intervencións das persoas participantes xa están dispoñibles desde o web do CCG e o vindeiro xoves 4 de novembro terá lugar a xornada presencial de debate.

O CDSG dedica cada ano a súa tradicional cita dos Encontros para a normalización lingüística a un aspecto relacionado coa lingua galega. Nesta ocasión a cita pon o acento na creba da transmisión interxeracional, un aspecto que cualifican como grave todos os estudos e informes elaborados por entidades como o CCG ou a Real Academia Galega que afondan sobre a situación do galego na socidade actual.
A cita está coordinada por Rosario Álvarez, David Cobas Medín, Xosé Gregorio Ferreiro Fente, Ana Iglesias Álvarez, Manuel Maseda Deán, Susana Mayo Redondo, Bernardo Penabade Rei, Xusto A. Rodríguez Río, Bieito Silva Valdivia, Anxos Sobriño Pérez e Marta Souto González.
No obxectivo desta edición, titulada “Desde o berce: a transmisión interxeracional da lingua galega”, preténdese proporcionar e intercambiar información, reflexionar sobre os datos, difundir e compartir experiencias e recursos, e tentar achegar vías de solución ou propostas positivas sobre a perda desta transmisión entre xeracións.

O programa
Por iso, o programa ten unha mesa titulada “A transmisión interxeracional da lingua galega: marco conceptual e contexto social” na que se achegan os datos cuantitativos e cualitativos que permiten coñecer expereincias e accións implementadas noutras áreas. Don os relatorios de Paula Kasares, Universidade Pública de Navarra e Euskarabidea-Instituto Navarro do Euskera; Xaquín Loredo do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e do investigador Anik Nandi, Universidade de Leiden (Países Baixos).

Outro dos aspectos nos que se centra o programa pasa por presentar unha visión diversa da crianza, relacionada cos espazos e cos tempos. Un achegamento ao traballo e á ollada de catro persoas que teñen consciencia da importancia de criar na nosa lingua. Baixo o título “Escola en galego...escola aberta” falarán Fernando Lacaci da Confederación ANPAS Galegas; Cristina Llinares d’a Galiña Azul; Lorena Pita e Cristina Rodríguez de Aulas Galegas; xunto con Marta Santos e Joana Santos do Proxecto Semente.

O terceiro dos bloques nos que se centra este encontro está relacionado cos espazos e propostas de lecer para a mocidade. Esta sesión busca ofrecer información e debater sobre o que fan as e os cativos no tempo de lecer, que demandan as familias e que ofertan as administracións e as empresas, todo a través de experiencias desenvolvidas no ámbito galego. Participan nesta sesión María Campos e Carlos Yus, de Migallas Teatro; Nerea Couselo de Xandobela; Marcos Maceira da Mesa pola Normalización Lingüística que falará da Iniciativa Xabarín, e tamén Marcelo Rodríguez.

Os vídeos dos relatores están xa dispoñibles desde o web do Consello da Cultura Galega e todos os participantes estarán presentes nas xornada de debate e reflexión programada para o vindeiro 4 de novembro. A xornada remata, como ben sendo habitual no programa, cun espectáculo relacionado coa temática de cada encontro. Desta volta Faia Díaz e Vero Rilo interpretarán “Apatacón. Por unha peseta”, unha proposta artística a voz cantada e narrada, que fai referencia ás historias interxeracionais aprendidas das súas avoas.
Arquivo web: Coordinadora Galega de Normalización e Dinamización Lingüística (2009-2016)
Iniciativa do CCG que ofrece unha colección de sitios web para preservar e garantir o acceso ao patrimonio documental galego en liña.
Loia: Guía aberta á lingua galega
Os elementos fundamentais para iniciarse no coñecemento do idioma galego
Libro de marcadores sociais do CDSG
Libro completo de marcadores, dispoñible para compartir en rede, do que se extrae a selección de referencia que podes consultar en De Bolina
publicacions


Portada de  Informe sobre os arquivos públicos en Galicia. Informe sobre os arquivos públicos en Galicia. (2019)
Dolores Pereira Oliveira. Autoría / Olimpia López Rodríguez. Autoría / Mariám Mariño Costales. Autoría /


Portada de  Mosteiro de Montederramo Mosteiro de Montederramo (2019)
Ramón Lorenzo Vázquez. Autoría / Maka Pérez. Autoría /


Portada de  Repensar Iberia Repensar Iberia (2019)
Teresa Albuquerque. Coordinación / José Luís Ferreira. Coordinación /


Portada de  Antroponimia e lexicografía Antroponimia e lexicografía (2018)
Ana Isabel Boullón. Edición /






Ver todas
Últimas NOTICIAS
02/12/2021
Convócanse os XXVIII Premios de Publicidade en Galego
01/12/2021
Sabela Labraña, nova entrada no Álbum de Galicia
29/11/2021
Os V Premios Youtubeiras xa teñen gañadores/as
29/11/2021
Participa na elección da Palabra do ano 2021
26/11/2021
A CRTVG convida aos centros de ensino a participar no #DígochoEu
24/11/2021
As matemáticas en galego, habelas, hainas
23/11/2021
A Deputación da Corúña difunde en galego as palabras da ciencia
17/11/2021
O Álbum de Galicia incorpora a biografía de Ernesto Guerra da Cal
15/11/2021
Chega o Club de Debate con máis gana de leria ca nunca
15/11/2021
ELEN reivindica máis protección para o galego no ensino e igualdade de trato no audiovisual

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205