COMISIÓN EXECUTIVA

----

Comisión executiva 1998

É un dos órganos de goberno do Consello da Cultura Galega. Ten un máximo de sete compoñentes, entre os que está o/a presidente, o/a vicepresidente ou vicepresidentes/as, o/a secretario do Consello —que tamén o será da Comisión— e os membros que para tal efecto elixa o Pleno por proposta do presidente. 2017 / 2016 / 2015 / 2014 / 2013 / 2012 / 2011 / 2010 / 2009 / 2008 / 2007 / 2006 / 2005 / 2004 / 2003 / 2002 / 2001 / 2000 / 1999 / 1998 / 1997 / 1996 / 1995 / 1994 / 1993 / 1992 / 1991 / 1990 / 1989 / 1988 / 1987 / 1986 / 1985 / 1984 / 1983 /
Carlos Casares. Presidencia
Carlos Casares. Presidencia

Carlos Casares

Presidencia (1996 - 2002)

Nado en Ourense en 1941 e finado na Ramallosa, Nigrán, en 2002. Escritor e crítico literario, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega das últimas catro décadas do século XX. É autor de obras tan significativas como as novelas Ilustrísima e Os mortos daquel verán e os libros de relatos Vento ferido e Os escuros soños de Clío.

María Xosé Rodríguez Galdo. Secretaría

María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaría (1990 - 1999)
Ramón Castromil. Vicepresidencia

Ramón Castromil

Vicepresidencia (1998 - 2006)
Alfonso Zulueta. Vicepresidencia

Alfonso Zulueta

Vicepresidencia (1996 - 2002)

Nado en Pontevedra en 1924, notario e intelectual galego. Foi o fundador e o primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra (1966-1969), ao igual que do Partido Galego Social-Demócrata (1974-1978). Persoeiro destacado do Partido Galeguista. Foi distinguido coa primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort e coa Medalla Castelao.