COMISIÓN EXECUTIVA

----

Comisión executiva 2009

É un dos órganos de goberno do Consello da Cultura Galega. Ten un máximo de sete compoñentes, entre os que está o/a presidente, o/a vicepresidente ou vicepresidentes/as, o/a secretario do Consello —que tamén o será da Comisión— e os membros que para tal efecto elixa o Pleno por proposta do presidente. 2017 / 2016 / 2015 / 2014 / 2013 / 2012 / 2011 / 2010 / 2009 / 2008 / 2007 / 2006 / 2005 / 2004 / 2003 / 2002 / 2001 / 2000 / 1999 / 1998 / 1997 / 1996 / 1995 / 1994 / 1993 / 1992 / 1991 / 1990 / 1989 / 1988 / 1987 / 1986 / 1985 / 1984 / 1983 /
Ramón Villares. Presidencia

Ramón Villares

Presidencia (2006)

Nado en Cazás (Xermade) en 1951. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Presidente do Consello da Cultura Galega desde 2006. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, rector da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación Española de Historia Contemporánea (1996-2002).

Henrique Monteagudo. Secretaría

Henrique Monteagudo

Secretaría (1999 - 2010)

Profesor titular de Filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, e mais investigador do Instituto da Lingua Galega e do Centro de Lingüística Geral e Aplicada (CELGA) da Universidade de Coimbra.

Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Vicepresidencia

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Vicepresidencia (2002 - 2016)

Nado en Vilagarcía de Arousa en 1941. É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola desde 1987. As súas liñas de investigación son os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e a cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía.

Xosé López García. Vicepresidencia

Xosé López García

Vicepresidencia (2002 - 2010)

Natural de Cirio, parroquia del ayuntamiento lucense de Pol. Ocupou o cargo de decano da Facultade de Ciencias da Comunicación desde 1997 ata 2004. Licenciado en Ciencias da Comunicación, sección de Xornalismo, pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidad Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Santiago, alternou a súa faceta como xornalista coa de docente durante moito tempo.