CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COLABORACIóN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIóN. 2019

----

EXTRACTO da Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación.

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2019
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

EXTRACTO da Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a dita convocatoria (código de procedemento PR970B).

Ver bases


BDNS (Identif.): 451540.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciatura ou de grao en Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais, Documentación ou outras titulacións equivalentes, e que rematasen os seus estudos no curso académico 2010/11 ou posterior.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir as persoas solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a dita convocatoria (código de procedemento PR970B).

Cuarto. Contía

Para este gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por un importe máximo total de trinta e cinco mil euros (35.000 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4, e que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos/das bolseiros/as e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro será de mil euros mensuais (1.000 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2019

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega