Resolución do 16 de maio de 2019 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes presentadas a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.
Consulta a resolución
De acordo co establecido na base 8 da Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 81, de 29 de abril de 2019), acórdase a constitución dunha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes segundo os criterios fixados nas bases.
A comisión de valoración estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: Xosé Manoel Núñez Seixas
Secretaria: Dolores Vilavedra Fernández
Vogal: Cristina Mouriño Cabaleiro
Vogal: Anxos Sumai García
Vogal: Begoña Tajes Marcote