CONVOCATORIA DE BOLSAS NA CASA VELáZQUEZ. 2019

----

Resolución provisional para a adxudicación de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 89, do 10 de maio de 2019).

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2019
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

De acordo co previsto na cláusula décima da Resolución do 25 de abril de 2019, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 89, do 10 de maio de 2019), e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas a proposta da comisión de valoración correspondente, procédese á publicación das listaxes coa puntuación provisional.
O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.


Consulta a Resolución provisional para a adxudicación de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid (DOG núm. 89, do 10 de maio de 2019)