PROCEDEMENTO BOLSAS PROXECTOS DE INVESTIGACIóN 2022 (PR970B)

----

Resolución do 17 de xuño de pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes das bolsas dos proxectos de investigación 2022 (PR970B)

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2022 (PR970B)
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

Resolución do 17 de xuño de pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes presentadas a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

De acordo co establecido na base 10 da Resolución do 9 de maio de 2022 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 98, de 23 de maio de 2022), acórdase a constitución dunha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes segundo os criterios fixados nas bases.

A comisión de valoración estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: Xosé Manoel Núñez Seixas
Secretario: Silvestre González Xurxo
Vogal: Manuel Gago Mariño
Vogal: Anxos Sumai García
Vogal: Begoña Tajes Marcote

Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta

DESCARGAR PDF