OFERTA DE EMPREGO PúBLICO DE ESTABILIZACIóN DE EMPREGO TEMPORAL

----

RESOLUCIÓN da presidenta do Consello da Cultura Galega pola que se aproban as bases xerais e específicas que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal do Consello da Cultura Galega.

Oferta de emprego público de estabilización de emprego temporal
Conéctate co Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova:

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na xuntanza realizada o día 1 de decembro de 2022, aprobou as bases xerais e específicas que teñen como obxecto regular as convocatorias para cubrir as prazas de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Consello da Cultura Galega, relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal e que se convocan polo sistema de concurso ao abeiro do previsto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, conforme figura no documento anexo.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022


Asdo.: Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

--------------
-ANEXO. BASES (GL)