VER LISTAXE EN PDF: "Resolución provisional para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG nº 124, do 30 de xuño de 2023)"
De acordo co previsto na base décimo primeira da Resolución do 30 de xuño de 2023, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG nº 124, do 30 de xuño de 2023), e unha vez realizada a avaliación dos méritos pola comisión de valoración conforme o baremo indicado na base décimo primeira da convocatoria, a xerencia do Consello da Cultura Galega fai pública a resolución provisional, coas puntuacións obtidas polas persoas seleccionadas (titulares e suplentes) no proceso de avaliación das solicitudes.
Ábrese o prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data da publicación da resolución provisional, coa fin de que as persoas interesadas poidan realizar as alegacións sobre esta.
Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital
O xerente